¿Que é Cooperación Galega?

Cooperación Galega é a ferramenta a través da cal
Galicia canaliza as súas accións en pro do desenvolvemento.
Deste xeito, mediante a cooperación para o desenvolvemento a sociedade
galega pon a dispoción dos pobos máis pobres do planeta a
súa experiencia histórica, os seus valores, activos e recursos;
sumándose aos procesos existentes para combater a pobreza e as súas
causas, promovendo activamente o dereito ao desenvolvemento integral, humano
e sostible.
A Dirección Xeral de Cooperación Exterior é a encargada
de deseñar e dirixir este ámbito da política cuxa
labor principal é:
- Fortalecer aos diferentes actores do sistema galego de cooperación, evitando minifundismos que restan eficacia.
- Coordinar e mellorar a calidade técnica é operativa do sector.
- Dar respaldo financeiro a proxectos de cooperación.
- Sensibilizar a poboación sobre a necesidade de cooperar. Fomentar o comercio xusto.
![]() |
![]() |
Sectores de actuación
![]() |
![]() |
A maior parte dos proxectos respaldados por Cooperación Galega se refiren aos seguintes sectores:
- Cobertura das necesidades sociais básicas
- Infraestrutura e promoción do tecido económico
- Participación social, des. Institucional e bo goberno
- Investimento no ser humano
- Defensa do medio ambiente
- Axuda humanitaria e de emerxencia
- Sensibilización social e educación ao desenvolvemento
- Consolidación e fortalecemento dos axentes de cooperación
- Sectores do CAD non adscritos aos sectores anteriores










