Publicacións

Adital ADITAL - Noticias de América Latina e Caribe
É unha axencia de novas que naceu para levar a axenda social latinoamericana e caribeña á media internacional. Quere estimular un xornalismo ético e social. Quere favorecer a integraciñón e a solidariedade entre os pobos
Afrol News Afrol news
Afrol News é unha axencia de prensa, fundada no ano 2000 e adicada exclusivamente ao subministro de información sobre África, portugués, español, francés e inglés
AGARESO - ASOCIACIÓN GALEGA DE REPORTEIROS SOLIDARIOS é unha organización sen ánimo de lucro, formada por un colectivo de profesionais do mundo da comunicación en Galicia que están comprometidos coa producción, realización e difusión de proxectos de cooperación e solidariedade, con especial dedicación ao desenvolvemento de accions sociais que estén promovidas dende a Comunidade Autónoma galega, tratando de xerar unha muda cara a unha sociedade máis inclusiva e xusta.
O principal obxectivo de AGARESO e a creación dunha rede sólida, comprometida, solvente e plural no sector xornalístico galego que impulse a difusión, promoción, denuncia e educación en materia de cooperación e solidariedade, mediante a creación, desenvolvemento e seguemento de proxectos solidarios e de cooperación, xa sexan propios da asociación, ou alleos a ela.
AIS
AIS - Axencia de Informacion Solidaria
A Axencia de Informacion Solidaria é un centro de comunicación social sen ánimo de lucro formado por xornalistas, profesorado de universidade e persoas de ONG có obxectivo de concienciar á sociedade e aos profesionais da información en temas de pobreza, dereitos humanos, saúde, medio ambiente, infancia, conflitos armados. 
Alai ALAI - América Latina en Movemento
A Axencia Latinoamericana de Información -ALAI- é un organismo de comunicación comprometido coa vixencia dos dereitos humanos, a igualdade de xénero e a participación no desenvolvemento e traballo público de América Latina. O seu accionar inscríbese na loita pola democratización da comunicación, como condición básica da vida democrática e a xustiza social
alop
ALOP - Visión Latinoamericana da Cooperación Internacional
A Asociación Latinoamericana de Organizacións de Promoción , ALOP, é unha asociación de organizacións non gobernamentais de desenvolvemento, de vinte países de América Latina e Caribe. Creada en 1979, constitúe un dos esforzos máis duradeiros de integración rexional entre ONGD da rexión.
Ciranda Internacional
Ciranda Internacional de Información Independiente
Viva a comunicación compartida, participa desta nova cobertura da Ciranda. Ciranda convídache para outra gran aventura dos medios alternativos que cren que OUTRA COMUNICACIÓN É POSÍBEL e xa empezaron a exercitala. En vez de reglas da prensa do mercado, porán en práctica a mellor característica; a posibilidade de compartir o que fan, recrear e difundir o que comparten.
Civil Society TV CIVIL SOCIETY TV
Con este proxecto téntase establecer unha plataforma audio-visual que acade os obxectivos seguintes: permitir a outros medios cobrer a información xerada pola sociedade civil organizada no mundo, que utilizaría esta ferramenta nova para producir a información libre e non conforme ao copyright.
Cos Pés na Terra
Cos Pés na Terra
Cos Pés na Terra é unha revista electrónica para a información, a reflexión e o debate sobre medio ambiente e sustentabilidade
CRIC CRIC - Centre de recerca i informació en consum
O Centre de Recerca i Informació en Consum (CRIC) é unha asociación ciadá sen ánimo de lucro e independente de calquer institución pública ou privada. Ten como obxectivo ofrecer información para un consumo responsable a través da revista Opcións
Diagonal Diagonal - Xornal quincenal de actualidade crítica
Diagonal é un xornal quincenal de información da actualidade, debate, investigación e análise. Anclado na realidade dos movementos sociais que loitan por transformar a actual orde de cosas, onde nace e se nutre. Preséntase como unha alternativa comunicativa seria, de calidade e con vocación de ter unha ampla difusión social. 

ALTERMUNDO.ORG

Altermundo.org é un espazo creado para achegar ese outro mundo posíbel á comunidade galegofalante da rede. É un cornecho de reflexión que, dende Galiza, se abre ás persoas que andan na procura dunha globalización alternativa ao neoliberalismo. É, xa que logo, coñecemento, debate, rebelión e Terra. Dende Galiza, altermundo.org fai seu ese lema zapatista de abaixo e á esquerda está o corazón para camiñar outros camiños, para percorrer as novas e esperanzadoras corredoiras do social, que se opoñen ás cínicas e esgotadas vías políticas que esnaquizan a humanidade. Como ten que ser...

 
SEGUINTE