Outros axentes

Formulario 2006

Este documento contén os formularios para a presentación dos proxectos de cooperación ao desenvolvemento por parte das universidades, empresas e organizacións empresariais, sindicatos e comunidades galegas no exterior neste ano 2006.

Existe unha guía con recomendacións para cubrir os apartados destes formularios.

Está dividido en seis seccións:

Presentación do proxecto:
onde se recolle información sobre datos do proxecto, da entidade solicitante, da contraparte local, un resumo do proxecto, mapas de localización e datos económicos.

Contexto do proxecto:
ofrece información sobre os seguintes apartados: contexto xeral, sector de actuación, problemática e xustificación, poboación beneficiaria, impacto de xénero e medioambiental, outros proxectos de desenvolvemento na zona, capacidade de apoio  e experiencia da contraparte.

O proxecto:
obxectivos, accións e resultados. Obxectivos e resultados do proxecto, accións e relacións entre problemas, accións e resultados, son as partes desta sección.

Plan de traballo.
Persoal e funcións, cronograma de actividades e riscos.

Outros aspectos administrativos e financeiros:
Orzamento detallado, documentación suplementaria, insumos-fontes de financiamento, achegas en especie, auditorías, partida de imprevistos e facturas proforma

Presentación de informes e avaliación do proxecto:
seguimento e avaliación de previstos, previsión de continuidade do proxecto e relación de anexos aportados.

  (para poder visualizar un documento con formato PDF é necesario o programa Acrobat Reader. Se non o tés instalado, descárgao agora)

Outros axentesOutros Axentes Formulario 2006 galego
Outros axentesOutros Axentes Formulario 2006 castel�n