Outras ligazóns
ONGDs financiadas pola Cooperación Galega
![]() |
A
Cova da Terra A Cova da Terra é unha ONG que traballa dende 1995 no eido do comercio xusto, vendendo produtos das cooperativas de países empobrecidos e sensibilizando e formando ás persoas consumidoras do contorno máis próximo |
![]() |
Acción
contra a Fame Acción contra a Fame é unha organización internacional non gubernamental, privada, apolítica, aconfesional e non lucrativa, creada en 1979 para intervir en todo o mundo |
| ADECO
Galicia - Amistad, Desarrollo, Cooperación ADECO Galicia - Amistad, Desarrollo, Cooperación é unha ONG para o desenvolvemento inspirada nun espíritu humanista-cristián. Os seus obxectivos son: Loitar contra a pobreza, promover a realizar proxectos de desenvolvemento e informar e sensibilizar á poboación para impulsar actitudes de solidariedade e cambios estruturais |
|
![]() |
Amarante Amarante é unha ONG para o ecodesenvolvemento. CRÍTICA, porque vivimos cada vez unha maior debilidade política cara arriba. GALEGA, traballamos por un modelo galego de solidariedade que implique á sociedade civil nun novo internacionalismo. ECOSOCIAL, tralos grandes desastres ecolóxicos existen problemas de desigualdades fondas e de aproveitamento inxusto do planeta. LAICA porque nos tempos da praxe do "fin da historia" e da filosofía do "pensamento único" e unidireccional, o carácter laico dunha organización transformadora é un valor en auxe. |
![]() |
Amigos
da Terra-Xuventude Amigos da Terra-Xuventude é unha organización que sempre destacou por plantexar unha actitude de defensa do medio ambiente, realista e construtiva, que apoia aquelas iniciativas que van xurdindo e axuda a mellorar o noso contorno dende a práctica e a acción |
![]() |
Amigos
Escaes Perú Amigos Escaes Perú é unha ONG que pretende reforzar todas aquelas iniciativas que conduzan á promoción e ao desenvolvemento integral das familias campesiñas, apoiando iniciativas e actividades de formación técnica, produtiva, social, e desenvolvemento da área de educación e saúde, promovendo a integración dos sectores máis marxinados da vida social, política, económica e cultural da rexión e do Perú. |
![]() |
Arquitectos
Sen Fronteiras Arquitectos Sen Fronteiras é unha ONGD sen ánimo de lucro, que actúa con independencia de criterios políticos, relixiosos e conómicos. É unha asociación aberta a calquera persoa, anque integrada basicamente por profesionais do sector da construción que voluntariamente colaboran en tarefas de cooperación nos campos do proxecto arquitectónico, o urbanismo, as infraestruturas, a edificación e o medio ambiente |
![]() |
Asamblea
de Cooperación pola Paz Asamblea de Cooperación pola Paz é unha ONGD sen ánimo de lucro, laica, independente e defensora dos valores democráticos dende unha opción de xustiza social e económica. Apoia á sociedade civil, democrática e progresista dos países en vías de desenvolvemento xerando organizacións locais, fomentando a participación cidadá e a busca de alternativas para conquerir sociedades máis xustas e máis democráticas |
![]() |
Axuda
en Acción - Delegación Galicia Axuda en Acción é unha ONGD independente, aconfesional e apartidista que ten como obxectivo principal mellorar as condicións de vida das nenas e nenos, as familias e as comunidades dos países máis desfavorecidos de América, Asia e África |














