Outras ligazóns

Desenvolvemento sostible

Amigos da Terra AMIGOS DA TERRA
Amigos da Terra Galiza - Xuventude é unha organización que sempre destacou por plantexar unha actitude de defensa do medio ambiente, realista e construtiva, que apoia aquelas iniciativas que van xurdindo e axuda a mellorar o noso contorno dende a práctica e a acción
Cedre CEDRE-Centro de documentación, investigación e experimentación sobre as contaminacións accidentais da auga
O Cedre é único como sitio. Está especialmente concebido e acondicionado para entrenar ao persoal de intervención na loita contra a contaminación accidental do litoral e de zonas portuarias. O Cedre proporciona información esrita e fotográfica a través da súa biblioteca, o seu sitio Internet, unha carta mensual, un boletín e as súas guias operacionais.
 
Extremadura Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático
A Secretaría da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (CMNUCC) puxo en marcha o seu novo sitio web, no que se incorporan melloras nos elementos informativos e a conepción xeral có fin de servir mellor a quen está implicada no proceso intergobernamental do cambio climático. A versión española deste novo sitio,  é a principal fonte de información sobre a Convención, o Protocolo de Kyoto e a súa aplicación Ten como fin destacar os principais pontos de interese para os países de lingua española e, en particular, os países en desenvolvemento e os países menos avanzados sobre a información relativa ao cambio climático.
ECOENVIO.ES comercializa hortalizas de Redondela, Tui e Santiago
Desde a comodidade que ofrece ecoenvio.es, apostamos por unha alimentación sa, natural e tradicional e por un compromiso real co Medio Ambiente.

Para as persoas que estrañan a horta doa avoa ou avó. Para as que as visitas da veciña ou veciño con tomates frescos son un milagre. Para as persoas concienciadas polo coidado do medio ambiente. Para as urbanitas sen tempo a buscar como comer san. O portal www.ecoenvio.es fíxose a medida para todas elas. A autora desta páxina é unha moza viguesa que estivo durante un ano perseguindo este soño, que empezou a facerse realidade o decembro pasado.

O ISR (INSTITUTO PARA A SUSTENTABILIDADE DOS RECURSOS) é unha Fundación privada. O labor da Fundación incide particularmente na mellora da calidade de vida das persoas, optimizndo o aproveitamento dos recursos e potenciando o desenvolvemento sostible da sociedade.
Madrid

IPCC-Grupo Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático
A función do IPCC consiste en analizar, de forma exhaustiva, obxectiva, aberta e transparente, a información científica, técnica e socioeconómica relevante para entender os elementos científicos do risco que supón o cambio climático provocado polas actividades humanas, as súas posibeis repercusións e as posibilidades de adaptación e atenuación do mesmo. Unha das principais actividades do IPCC é facer unha avaliación periódica dos coñecementos sobre o cambio climático.

MASA CRÍTICA é unha "coincidencia organizada" de ciclousuarios que realizan un paseo colectivo pola cidade. Este evento celébrase mensualmente en moitísimas cidades de todo o mundo, entre elas Lugo, baixo o lema "Pedalea todos os días, celébrao unha vez ao mes". A masa crítica é un movemento descentralizado, actuando a proposta de calquera dos seus participantes. Reunímonos todos os últimos xoves do mes, ás 20:15 na Praza Maior (diante do Concello).

 

Redesma REDESMA - Rede de Desenvolvemento Sostible e Medio Ambiente
REDESMA - Rede de Desenvolvemento Sostible e Medio Ambiente ven traballando continuamente dende 1999, proporcionando un servizo gratuito de boletíns informativos quincenais e portal informativo a usuarias e usuarios de Bolivia e o resto de Latinoamérica
Sgea SOCIEDADE GALEGA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL (SGEA)
A Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGAE) é unha asociación independente, sen ánimo de lucro, que se constitúe para aglutinar o traballo de moitas persoas que se veñen significando, algunhas dende finais da década dos setenta, na promoción da Educación Ambiental en Galicia e que desexan asociarse para darlle continuidade e profundidade a este traballo e avanzar dende unha perspectiva colectiva e plural na construcción dunha sociedade máis xusta, respectuosa e responsable co medio ambiente