Outras ligazons

Consultoras

Algalia Algalia S. Coop. Galega
Algalia S. Coop. Galega nace en xanerio de 1995, formada por profesionais cunha dilatada traxectoria no asociacionismo e con procedencia do ámeto da xestión e da formación. Conscientes da necesidade de incorporar nas organizacións do sector non lucrativo técnicas de xestión e dinamización que, en coherencia cos valores eu posúe o propio sector, conduzan a un maior cumprimento dos seus obxectivos. O modelo de xestión ten como eixes principais a participación, a innovaicón e a calidade.
Cidadanía Cidadanía
Cidadanía é unha empresa cooperativa constituída por un equipo multidisciplinar de profesionais do ámeto das ciencias sociais, pioneira en Galicia na integración de investigación, participación social e deseño de plan de acción. O seu principio inspirador é a activación da participacion como metodoloxía innovadora de xestión e mellora organizativa, como vía de desenvolvemento sociocomunitario e como finalidade democrática de implicación e corresponsabilización da cidadanía nas decisións colectivas.
Devalar Devalar Consultoría Europea, S.L.
Devalar Consultoría Europea, S.L. preséntase como unha proposta empresarial innovadora especializada na xestión integral de proxectos en dous ámetos: Proxectos europeos e Proxectos de cooperación internacional. Devalar presta servizos de asistencia técnica e consultoría a entidades públicas e privadas en todas as fases do diclo dun proxecto.