Registro de cooperantes

Comunicando > Novas de Cooperación Galega / O Presidente da Xunta de Galicia participa no acto central da campaña mundial pola educación 2017

Volver 27 / 04 / 2017

O Presidente da Xunta de Galicia participa no acto central da campaña mundial pola educación 2017

   

O presidente da Xunta de Galicia acompañado polo Director Xeral de Relacións Exteriores e coa UE participou no acto central da Campaña Mundial pola Educación 2017 na praza da Quintana


O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, acompañado polo Director Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou no acto central da Campaña Mundial pola Educación 2017 na praza da Quintana en Santiago de Compostela xunto con máis de 150 nenas e nenos de 5 centros educativos (CEIP López Ferreiro de Santiago de Compostela, Colexio Apostol Santiago de Vigo, Colexio Plurilingüe San José de la Guía de Vigo, Colexio Santa María del Mar de A Coruña e Colexio Compañía de María de Santiago de Compostela) que lle trasladaron ao presidente da Xunta as súas peticións e reflexións a prol dunha educación de calidade.


Os nenos e nenas leron un manifesto esixindo ás autoridades que ninguén quede atrás en materia de educación e plantexáronlle ao presídente Feijoo varias cuestións acerca da Axenda de Educación 2030 ou as achegas que a Xunta de Galicia destina á cooperación para o desenvolvemento.


A Campaña Mundial pola Educación (CME) é unha coalición internacional formada por ONGD, sindicatos do ámbito educativo, centros escolares e movementos sociais de moi diverso signo que reclaman o cumprimento íntegro dos compromisos do "Cumio de Dakar" do ano 2000, onde a comunidade internacional comprometeuse a garantir o acceso a unha educación de calidade para todos e todas, e do ODS 4 para garantir unha educación de calidade para todos e todas.


O obxectivo da CME é mobilizar á cidadanía para que esixa aos seus gobernos e á comunidade internacional que cumpran as súas promesas e se responsabilicen do destino de millóns de persoas aos que se exclúe do dereito á educación.


A Coalición Galega da CME 2017 está formada por 4 ONGD: Educo, Axuda en Acción, Entreculturas e Taller de Solidaridad. Cada ano, desde o 2008, as diferentes ONGD que se agrupan para levar a cabo a Campaña presentan á convocatoria de Educación para o Desenvolvemento un proxecto coas actividades que van realizar en Galicia no marco da Campaña. A CME conta dende o ano 2008 con financiamento da Cooperación Galega.


O lema da Campaña varía cada ano, sendo o do 2017 “PIDO A PALABRA POLA EDUCACIÓN”, reivindicando o dereito de todos os nenos e nenas a recibir unha educación de calidade, sen discriminación e sobre a base da igualdade de oportunidades.