Glosario: T

TASA DE MORTALIDADE DE MENORES DE 5 ANOS (TMM5) - Número de nenos de cada 1.000 nacidos vivos que morren antes de alcanzar os cinco anos de vida.

TASA DE MORTALIDADE INFANTIL (TMI) - Número de nenos de cada 1.000 nacidos vivos que morren antes de alcanzar un ano de vida.

TASA DE MORTALIDADE MATERNA - Número de mulleres que morren por complicacións do embarazo e do parto por cada 100.000 nacidos vivos.

TERCEIRO MUNDO - Este termo emprégase en ocasións para falar dos países subdesenvolvidos como conxunto. Ao comparar os países subdesenvolvidos cos industrializados ou "desenvolvidos", tamén se fala dos primeros como o Sur e os segundos como o Norte. Para simplificar, ás veces falamos sinxelamente de países ricos e de países pobres.

TLCAN - Tratado de Libre Comercio de América do Norte.

TMI - Tasa de Mortalidade  Infantil. Número de nenos de cada 1.000 nacidos vivos que morren antes de alcanzar un ano de vida.

TMM5 - Tasa de Mortalidade de Menores de 5 anos.

TRANSFERENCIA NETA (Net Transfer) - Fluxo neto menos o pago de intereses.

TRIANGULACIÓN - É unha terceira forma de cooperación, cunha  potencialidade crecente nos ambientes da cooperación internacional pola súa capacidade de movilizar recursos adicionais, permitindo responder a demandas crecentes de cooperación horizontal entre países en desenvolvemento, contando co apoio das fontes tradicionais.

TRO - Terapia de Rehidratación Oral, ou reemplazo pola boca dos líquidos e sales perdidos a causa da diarrea. Recoñécese na actualidade que para unha TRO óptima non sólo se precisan líquidos abundantes, senón tamén alimentos. A TRO foi ampliamente alabada como "o avance médico do século" polo seu potencial para reducir radicalmente o increíble número de mortes por diarrea, a segunda causa de mortes infantís no mundo.

TRO-BC oU TRO-BA - Terapia de Rehidratación Oral Basada en Cereais ou Basada en Alimentos. Nos últimos años comprobouse que os cereais ou as bebidas ricas en almidón poden ser eficaces para combatir a deshidratación que as bebidas basadas en azúcares (tanto la SRO como la SAS).

A B C D E F G H I M O P S T U V X