Glosario: P

PA - Plan Anual.

PAE - Programas de Axuste Estrutural.

PAÍSES DE ALTOS BAIXOS - Grupo de países cunha renda per cápita media inferior a 755 dólares estadounidenses.

PAÍSES DE ALTOS INGRESOS - Grupo de países cunha renda per cápita media superior a 9.266 dólares estadounidenses.

PAÍSES DE INGRESOS MEDIO ALTOS - Grupo de países cunha renda per cápita media entre 2.996 e 9.265 dólares estadounidenses.

PAÍSES DE INGRESOS MEDIO BAIXOS - Grupo de países cunha renda per cápita media entre 756 e 2.995 dólares estadounidenses.

PAÍSES EMPOBRECIDOS - Grupos de países recoñecidos polas Nacións Unidas como países de baixos e medianos ingresos que tropezan con obstáculos ao largo plazo para o seu crecemento económico, en particular, baixo niveis de desenvolvemento de recursos humanos e graves deficiencias estruturais.

PAÍSES EMPOBRECIDOS ALTAMENTE ENDEBEDADOS (PEAE) - Países cun servizo da débeda superior nun 80 % ao seu PNB e/ou que o seu servizo de débeda é superior nun 220 % as súas exportacións.

PAÍSES EMPOBRECIDOS MENOS ENDEBEDADOS (PEME) - Países con ingresos baixos ou medios cuns ratios de servizos de débeda inferiores ao 60 % do seu PNB e das súas exportacións.

PAÍSES EMPOBRECIDOS MODERADAMENTE ENDEBEDADOS - Países cun servizo da débeda superior nun 60 % ao seu PNB e/ou que o seu servizo de débeda é superior nun 60 % as súas exportacións, pero que non chega aos niveis dos países severamente endebedados.

PAÍSES SUBDESENVOLVIDOS - Países que son relativamente pobres, dependentes e con frecuencia fortemente endebedados cos países ricos (industrializados ou supostamente desenvolvidos). Outras formas de denominar a estos países é: en vías de desenvolvemento.

PASIVO AMBIENTAL - Conxunto de danos ao medio ambiente provocados por unha empresa ao largo da súa historia.

PCPR  (Projeto de Combate à Pobreza Rural)  -  Proxecto de Combate contra a Pobreza Rural.

PD - Plan Director.

PEAE - Países Empobrecidos Altamente Endebedados. Iniciativa PEAE, para a redución da débeda dos Países Empobrecidos Altamente Endebedados. En outubro de 1996 o BM e o FMI chegaron a un acordo sobre o primeiro plan global para reducir a débeda que permitira ao país debedor cancelar os seus préstamos sen poñer en perigo o seu crecimiento económico e sen voltar a acumular atrasos no futuro. A iniciativa ten por obxecto reducir a débeda multilateral, bilateral e comercial dos PEAE ao longo dun período de seis anos ata un nivel "sostible", un nivel no que se considera que o país é capaz de pagar as súas débedas.

PECO - Países de Europa Central e Oriental.

PERIFERIA - Térmo económico que aglutina ao conxunto de países que se empobreceron no proceso de expansión do sistema capitalista. Acolle a todos aqueles países que non se atopan dentro do centro económico de poder e decisión (os países non occidentais).

PIB - Produto Interior Bruto. Valor total da produción de bens e servizos dun país nun ano. Os tres principais compoñentes son o consumo privado, a inversión e o gasto público.

PLAN BRADY - Iniciativa para aliviar o peso da débeda nos países económicamente subdesenvolvidos, proposta polo entonces Secretario da Tesourería dos EEUU, Nicholas Brady, en 1989. A cambio de acuerdos para levar a cabo duras reformas económicas, tales como recortar o gasto gubernamental ou aumentar impostos, os países endebedados reciben empréstitos de institucións multilaterais (como o Banco Mundial) e de axencias bilaterales de desenvolvemento para axudarlles a negociar reduciones na débeda e o servizo da débeda coa banca comercial. Sete países -Arxentina, Costa Rica, México, Nixeria (utilizando as súas propias reservas), Filipinas, Uruguai e Venezuela- xa reduciu a súa débeda coa banca a través de operacións estilo Brady.

PLANS OU PROGRAMAS ESTRATÉXICOS SECTORIAIS (Sector Wide Approaches-SWAPs) - Os enfoques sectoriaIs están dirixidos a apoiar un programa para un sector determinado de forma coherente, integral e coordinada. Esta modalidade de cooperación é considerada como a forma máis adecuada para financiar programas sectoriais.

PMA - Programa Mundial para a Alimentación.

PNB - Produto Nacional Bruto. Valor total dos bens e servizos producidos por un país nun ano. Diferencia do PIB en que inclúe os ingresos que os individuos e empresas asentados no país gañan no extranxeiro, e exclúe os ingresos no país de individuos ou empresas doutros países. O PNB dun país pode verse como os seus ingresos totais.

PNB PER CÁPITA - O PNB dun país dividido pola súa población da o ingreso medio dos seus habitantes. Sen embargo, non di nada de como se distribúen esos ingresos. O mesmo é aplicable ao PIB per cápita, que é o PIB dun país dividido pola súa poboación.

PNRA-NR - Plano Nacional da Reforma Agrária-Nova República.

PNUD - Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento. É o encargado de elaborar o Informe sobre Desenvolvemento Humano, onde se estiman, ademais do potencial económico de cada país outros datos como a tasa de alfabetización, o acceso á sanidade, e os recursos ambientais dipoñibles.

PPAE/HIPC - Países Pobres Altamente Endebedados.

PRÉSTAMO CONCESIONARIO (Concessional loan) - A facilitación de fondos por un donante a título de préstamo que inclúe un mínimo do 25 % de elementos de subsidio, podendo catalogarse deste xeito como unha transacción da AOD.

PRÉSTAMO NON CONCESIONARIO (non-concessional loan) - Os demáis fondos proporcionados polo donante que deben reembolsarse ao largo dun período, en virtude de condicións que non califican para incluílo como transacción de AOD.

PRÉSTAMOS (Loans) - Transferencias que requiren ser reembolsadas. Nas estatísticas do CAD só se inclúen os préstamos que teñan un tempo de vida maior a un ano. Os préstamos netos inclúen as deducións dos reembolsos do principal, pero non o pago de intereses.

PROCERA - Programa de Crédito Especial para a Reforma Agraria.

PRODUTO INTERIOR BRUTO (PIB) - Valor total da produción de bens e servizos dun país nun ano. Os tres principais compoñentes son o consumo privado, a inversión e o gasto público.

PRODUTO NACIONAL BRUTO (PNB) - Indicador económico que reflexa a riqueza que é capaz de xerar nun ano a economía dun país. Durante moitos anos éste foi o único indicador utilizado para saber o grado de desenvolvemento dun país. Sen embargo, hoxe en día utilízanse indicadores de desenvolvemento nos que o PNB se combina con outros indicadores sociais. Valor total dos bens e servizos producidos por un país nun ano. Diferenzase do PIB en que inclúe os ingresos que os individuos e empresas asentados no país gañan no extranxeiro, e exclúen os ingresos no país de individuos ou empresas de outros países. O PNB dun país pode verse como os seus ingresos totais

PROGRAMA NACIONAL DE COOPERACIÓN TÉCNICA INTERNACIONAL - Documento que contén as orientacións xerais da estratexia de CTI do país e a definición das áreas prioritarias do país durante o período de goberno vixente. A función principal é servir de marco de referencia para a identificación e xerarquización das necesidades de cooperación non reembolsable, así como as modalidades de cooperación máis adecuadas, todo elo en concordancia co Plan Nacional de Desenvolvemento vixente.

PROGRAMAS DE AXUSTE ESTRUTURAL (PAE) - Os PAE son o conxunto de políticas socioeconómicas que impoñen o Banco Mundial e outras institucións financeiras internacionais aos países da periferia, como condición para negociar restruturacións do pago da débeda. Os PAE pretenden estabilizar e restruturar as economías en dificultade con recetas de corte neoliberal. Así pois, as medidas de estabilización inclúen tanto políticas monetarias (devaluación da moeda, aumento dos tipos de interés, restrición do subministro de crédito), como presupostarias (redución dos servizos públicos, recorte da administración civil e privatización das empresas estatais) As medidas de restruturación comprenden políticas de mercado (supresión de controis sobre salarios e prezos, retirada de subvencións) e comerciais (supresión de obstáculos ao comercio, promoción do crecemento das exportacións e fomento das inversións extranxeiras) que, como é de imaxinar, supoñen uns custes sociais altamente perxudiciais para o conxunto da poboación, especialmente para as capas máis empobrecidas.

PRONADERS - Programa Nacional de Desenvolvemento Rural Sostible.

PRONAF - Programa Nacional de Fortalecemento da Agricultura Familiar.

PROSEGUR - Programa de Seguridade Xurídica Rural.

PROXECTO - Conxunto de actividades interrelacionadas para ser levadas a cabo baixo unha xerencia unificada, a fin de lograr un obxectivo específico de relevancia, nun prazo previamente establecido e mediante a utilización de recursos predeterminados.

PRR  (Policy Research Report) - Informe de Investigación sobre Políticas.

PT (Partido dos Trabalhadores) - Partido dos Traballadores.

PTT - Programa de Transferencia de Terras.

PVD - Países en vías de desenvolvemento.

A B C D E F G H I M O P S T U V X