Glosario: O
OCDE - Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos. É unha organización internacional fundada en París en 1961, sustituíu á Organización para a Cooperación Económica Europea que naceu en 1948 para coordinar a reconstrución europea baixo o Plano Marshall. Os seus 24 membros son os empresarios de Norteamérica e Europa, máis Xapón, Australia e Nova Zelanda. A través das consultas aos seus membros, a OCDE mantén políticas neoliberais de crecemento económico e mercado laboral. Outro obxectivo é coordinar a axuda dos países membros da OCDE aos países empobrecidos.
ODM - Obxetivos de Desenvolvemento do Milenio.
OIT - Organización Internacional do Traballo.
OMC - Organización Mundial do Comercio. Aparece en 1994 tralos acordos aos que se chegou na Ronda de Uruguai. O seu papel é: organizar acordos bilaterais, rexionais, ou mundiais que se refiren á liberalización dos mercados económicos e financeiros. A OMC traballa preferentemente en Tratados de libre comercio, nas conversas están representantes dos países e grupos de presión empresarial.
OMGI - Organización Multilateral de Garantías de Inversións.
OMS - Organización Mundial da Saúde. Axencia das Nacións Unidas dedicada á Saúde. Posúe un programa de saúde maternoinfantil, pero aparte desto, non ten un programa propio de supervivencia infantil, nin se centra específicamente nos problemas de saúde dos nenos. A OMS defende o seu papel principal como o de "proporcionar asesoremiento técnico aos programas nacionais" en cuestións sanitarias. Con este fin, a División para o Control das Enfermidades Respiratorias Agudas e Diarreicas da OMS dirixe unha investigación "encamiñada a identificar, desenvolver e evaliar plantexamentos novos ou mellorados para a prevención e o tratamento da diarrea..." Tamén produce e distribúe material educativo sobre tratamento e prevención da diarrea.
ONG - Organización Non Gobernamental.
ONGD - Organización Non Gobernamental de Desenvolvemento.
ONUSIDA - Programa conxunto das Nacións Unidas sobre o SIDA.
OPEP - Organización de países productores de petróleo. O seu papel na subida do prezo do cru foi fundamental a comezos dos 70. Os petrodólares, os dólares que estos países acumularon durante esta época, supuxeron unha das razóns esenciais do exceso da liquidez do Bancos comerciais.
OSCE (Organization for Security and Cooperation in Europe) - Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa.
OTC - Oficina Técnica de Cooperación.
OUTROS FLUXOS OFICIAIS (OFO) (Other Official Flows) - Transferencias do sector oficial, o principal objetivo é outro distinto do relacionado cos motivos de desenvolvemento, polo tanto non califica como AOD, porque o elemento de donación requerido é inferior ao 25 %. As principais clases de transaccións incluídas aquí son: créditos oficiais para exportacións, portafolio de inversións e reorganización da débeda.
OFO - Other Official Flows. Outros fluxos oficiais.
| A | B | C | D | E | F | G | H | I | M | O | P | S | T | U | V | X |






