Glosario: G

G-5 - Grupo dos cinco países membros do BM e o FMI (Francia, Alemania, Xapón, Reino Unido e Estados Unidos). As súas moedas constitúen o SDR.

G-7 / G-8 - Grupo dos países máis industrializados do mundo, do que forman parte Estados Unidos, Reino Unido, Alemania, Francia, Xapón, Italia, Canadá e Rusia.

G-10 - Baixo as Condicións Xerais para Préstamos do FMI, establecidas en 1962, 10 membros do FMI (Suiza tamén se une na primavera de 1984, pero o Grupo retén a súa denominación numérica) están preparados para prestar recursos suplementarios a esta institución (ata cantidades previamente especificadas) cando se requiren. Os ministros de finanzas de Bélxica, Canadá, Francia, Alemania, Italia, Xapón, Países Baixos, Suecia, Suiza, Reino Unido e Estados Unidos compoñen o Grupo.

G-24 - Grupo formado polos ministros de finanzas dos 24 países en desenvolvemento membros do BM e o FMI. Cada agrupación dos países de África, Asia, América Latina e o Caribe nol Grupo de 77 escolle oito representantes para o G24. O G24 fórmase en 1972 e reúnese en periodos regulares, normalmente en conxunción coas reunións ministeriais do BM e o FMI, para determinar as posturas dos países económicamente subdesenvolvidos para esas reunións e asuntos relacionados. O Grupo dos 24 é o órgano do Grupo dos 77, encargado de formular posturas sobre temas de desenvolvemento e monetarios. Os membros de este grupo son: Arxelia, Arxentina, Brasil, Colombia, Costa de Marfil, Exipto, Etiopía, Gabón, Ghana, Guatemala, India, Irán, Líbano, México,Nixeria, Pakistán, Perú, Filipinas, Sri Lanka, Siria, Trinidade e Tobago, Venezuela, Iugoslavia e Zaire.

G-30 - Grupo privado e informal de 30 destacados banqueiros, executivos, economistas e oficiais financieros dos países do Norte e do Sur, organizado a principios de 1979 por Johannes Witteveen, quen se xubilou do seu posto como Director Xeral do FMI en 1977. Reúnese dúas veces ao ano para discutir solucións aos problemas económicos mundiais e emite informes e recomendacións basados en discusións. As reunións do G7 soen celebrarse uns días antes das reunións do FMI, posto que este grupo de países decide en boa parte as políticas a seguir polas institucións económicas internacionais.

GATT - Acordo Xeral sobre Aranceis e Comecio. Tratado multilateral de comercio negociado e asinado en 1947. Ata a aparición da OMC, só se propoñía como acordo provisional. Foi o instrumento internacional que estudiou e propuxo regras comerciais a escala mundial. Promoveu negociacións multilaterais  sobre o comercio. Tiña a súa sede en Xenebra e máis de 100 membros; algúns países participaron do acordo baixo condicións especiais.

GOBI - As catro intervencións clave da "Atención Primaria de Saúde Selectiva" e a "Revolución a prol da Supervivencia Infantil" de UNICEF, consistentes no control do crecimento (Growth), terapia de rehidratación Oral, lactancia materna (Breastfeeding) e Inmunización (vacinas). Unha versión ampliada é GOBI-FFF, o que añade planificación Familiar, alfabetización Feminina e alimentación (Food) suplementaria.

GTZ (Deutsche Gesellschaft für Technische Zusammenarbeit)  - Axencia Alemana de Cooperación Técnica.

 

A B C D E F G H I M O P S T U V X