Glosario: E
ECHO - Oficina de Axuda Humanitaria da Unión Europea.
ENPOWERMENT - Palabra inglesa de difícil tradución. Refírese ao proceso de autodeterminación polo cal as persoas ou comunidades gañan control sobre o seu propio camiño de vida. Trátase dun proceso de concienciación (tomar conciencia de todos os factores que inflúen sobre a vida das persoas) e liberación (gañan poder de decisión sobre o seu propio destino).
ESTRATEXIA DE PAÍS (Country Strategic Paper ou Concept Note) - Documentos elaborados polos donantes a partir dos insumos que proporcionen os países receptores mediante consultas con diferentes actores, a fin de definir a estratexia de cooperación do donante para un país determinado e nun tempo predefinido. Neste tipo de documentos defínense os eixos principais de cooperación, as modalidades, mecanismos e outros.
ESTRUTURAL - Cuando se fala das "causas estruturais da falta de saúde" ou da necesidade dun "cambio estrutural", referímonos ás estruturas ou composición da sociedade, especialmente á estrutura de poder imperante. Esto inclúe ás forzas sociais, económicas e políticas dominantes. Abarca as leis, os mecanismos de control social e as políticas económicas -típicamente impostas polos gobernos- que adoitan determinar e perpetuar o equilibrio (ou desequilibrio) na riqueza e o poder dentro dunha nación ou comunidade.
EXTERNALIDADES - As actividades económicas teñen consecuencias que non só afectan a aqueles que deciden realizalas senon tambén a terceiros. Estas consecuencias reciben o nome de externalidades.
| A | B | C | D | E | F | G | H | I | M | O | P | S | T | U | V | X |






