Glosario: D

DANO COMPENSABLE - Posibilidade de ofrecer diñeiro para tratar  de diminuir o impacto social de un dano.

DÉBEDA A CURTO PRAZO - Débeda que vence en un ano ou menos.

DÉBEDA A LONGO PRAZO - Débeda asociada con préstamos que teñen un vencemento orixinal ou prorrogado de máis de un ano. Está composta pola débeda pública, a débeda garantizada públicamente e a débeda externa privada non garantizada.

DÉBEDA BILATERAL - É a débeda  contraída polo goberno de un país con outro goberno de outro país.

DÉBEDA DE CARBONO - Parte da "Débeda Ecolóxica" que o Norte debe ao Sur debido ao exceso de emisións de gases que aumentan o efecto invernadeoiro, provocando o cambio climático. En particular é debido ao sobreuso que os países industrializados fan da capacidade natural que teñen a atmósfera e a biosfera para absorber estes gases.

DÉBEDA ECOLÓXICA - É a débeda contraída polos países industrializados cos demáis, a causa do espolio histórico e presente dos recursos naturais, os impactos ambientais exportados e a libre utilización do espacio ambiental global para depositar os resíduos.

DÉBEDA EXTERNA - Conxunto de obrigas vencidas e non pagadas. A débeda externa dos países en desenvolvemento pode ser de tres tipos: (1)a débeda que ten contraída coas institucións financieras internacionais, ou débeda multilateral, (2)a débeda frente a entidades financieiras privadas de outros países, ou débeda privada, e finalmente (3)a débeda frente a outros estados, ou débeda bilateral.

DÉBEDA HISTÓRICA - É a débeda que os países do norte deben aos países do sur por todas as riquezas espoliadas durante os séculos de colonización.

DÉBEDA MULTILATERAL - É a débeda contraída co Banco Mundial, o Fondo Monetario Internacional  e os Bancos Rexionais de Desenvolvemento.

DÉBEDA PRIVADA - Son créditos contratados con acredores privados, calquera que sexa o prestamista.

DESEMBOLSOS (Disbursement) - Representa a actual transferencia internacional de recursos financeiros, ou de bens ou servizos valorados oa costo no que incurre o donante. No caso das actividades que se levaron a cabo no país donante, tales como a cooperación técnica, o desembolso é considerado no momento en que os fondos son transferidos ao proveedor de servizos ou ao receptor.

DESENVOLVEMENTO - Proceso que mellora o benestar e o nivel de vida das poboacións desfavorecidas.

DESENVOLVEMENTO ORIENTADO Á EQUIDADE (OU Á IGUALDADE) - É un térmo como alternativa ao "desenvolvemento orientado ao crecemento". É un enfoque que coloca as necesidades humanas básicas antes que a búsqueda desbocada do crecemento económico. Recoñece que a saúde e o benestar dunha poboación depende máis dunha distribución xusta dos recursos e o poder que da riqueza total dun país ou do aumento do seu PNB. Constrúe dende abaixo, involucrando a tanta xente como sexa posible tanto no proceso como nos resultados da produción. A xente participa activamente nas decisións que afectan as súas vidas. A sociedade asegúrase de cubrir as necesidades básicas de todos, e anima á xente a que se organice e defenda os seus dereitos. Términos como "desenvolvemento real" ou "desenvolvemento sostible", usados por institucións como o UNICEF ou o Banco Mundial, aparentan dar importancia a conceptos como a equidade ou a eliminación da pobreza. Sen embargo, en xeral, adoitan dar máis énfasis ao crecemento económico, sin insistir nas estruturas ou leis que aseguren unha distribución máis equitativa da riqueza e dos servizos básicos.

DESENVOLVEMENTO ORIENTADO AO CRECEMENTO - Modelo convencional de desenvolvemento que dominou o Norte e foi en gran parte imposto no Sur. Segundo este modelo, desenvolvemento é virtualmente sinónimo de crecemento económico. A súa meta para os países pobres é aumentar a estabilidade económica (i.e. mercado potencial) incrementando o seu PNB. Búscase o crecemento económico mediante unha combinación de industrialización e produción agrícola a gran escala.

DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE - Crecemento económico equitativo en términos de niveis de vida da poboación, basado na utilización adecuada dos recursos naturais do país, que propende su renovación e/ou preservación para futuro.

DONACIÓNS  (Grants) - Transferencias en diñeiro, bens ou servizos, para os que non se require reembolsos.

DONANTE (Donors) - A fonte dos fondos da asistencia para o desenvolvemento (multilateral, bilateral e organizacións non gobernamentais).

A B C D E F G H I M O P S T U V X