Glosario: C

CAD - Comité de Apoio ao Desenvolvemento. Establecido para coordinar, seguir e avaliar a Asistencia Oficial ao Desenvolvemento  dos países miembros de la OCDE e outros, como membros do OPEP, aos países económicamente subdesenvolvidos.

CAMBIO CLIMÁTICO - Fenómeno acelerado pola humanidade que se reflexa nun aumento da temperatura media da Terra, e que se debe ao aumento do efecto invernadoiro, polo exceso de emisión de gases contaminantes derivados da combustión de enerxía fósil ou de procesos industriais.

CAPACITACIÓN - Adquisición de coñecementos que teñen por obxecto a especialización dos recursos humanos nacionais no extranxeiro e de extranxeiros no país. Tamén se emprega para denominar os recursos asignados polo donante no contexto dun proxecto para a capacitación dos nacionais do país receptor, dentro ou fóra de dito país.

CEPAL - Comisión Económica das Nacións Unidas para América Latina e o Caribe.

CESCE -  Compañía Española de Seguros de Crédito á Exportación. Ten como función a protección das iniciativas das empresas nacionais  para exportar a países endebedados. Por unha parte, ofrece unha cobertura de risco comercial, e por outra, cobre outro tipo de risco que non é cuberto polas compañías aseguradoras privadas, como é o risco político ou risco país.

CFI - Corporación Financieira Internacional. É unha filial do Banco Mundial. Ten o propósito de promover o desenvolvemento do sector privado nas economías dos países empobrecidos  a través de inversións e préstamos. Os seus fondos están compostos polos valores adquiridos polos seus membros. Recibe  os seus propios préstamos, fundamentalmente do BIRD e retén beneficios.

CLOC - Coordinadora Latinoamericana de Organizacións do Campo.

CLUBE DE LONDRES - É o clube que agrupa a entidades acreedoras de carácter privado. Carece de personalidade xurídica ou regras estrictas. Non existe físicamente. Fai referencia  a un convencionalismo entre entidades privadas para identificar todo o proceso de renegociación da débeda dun país coa banca internacional.

CLUBE DE PARÍS - Carece de personalidade xurídica. É un foro no que se reunen os principais Estados acreedores e onde se estudian os problemas de pagos dos países debedores de maneira  conxunta e non bilateral. Os encontros fanse dende 1956 de cara aos préstamos realizados polo FMI, con maior asiduidade dende principios dos 80. A débeda coa banca comercial é negociada cun comité dos bancos implicados. Nin o Banco Mundial nin o FMI son  membros do Clube de París, pero o FMI xogou un papel cada vez máis importante en desenvolver plans de reaxuste de débeda coa banca comercial. Renegociar a débeda co Clube de París e a banca comercial require que o país debedor estableza un plan de estabilización co FMI.

CNA (Confederação Nacional Agrária) -  Confederación Nacional Agraria.

CNOC - Coordinadora Nacional de Organizacións Campesiñas.

CNPT - Comisión Nacional Permanente de Terras.

COFINANCIAMENTO - É unha modalidade de cooperación mediante o finanzamento de proxectos e programas provintes de máis dunha fonte, sen contar o goberno receptor. Os arranxos co-finanzamento poden consistir na participación de terceiros na financiación de gastos ou na modalidade de fondo fiduciario.

COMISIÓNS MIXTAS - Reunións de traballo, entre MIDEPLAN-Chancelería-Organismo/Axencia de Cooperación e institucións do sector público co obxectivo de definir as áreas de Cooperación, os criterios, plazos e mecanismos operativos para presentar solicitudes de Cooperación (proxectos).

COMITÉ DE DESENVOLVEMENTO - Anteriormente conocido como "Comité Interministerial dos Consellos de Gobernadores do Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional na Transferencia de Recursos Reais aos Países en Desenvolvemento". Establécese en 1974, e consta de 24 membros, xeralmente Ministros de Finanzas, designados por turno para prazos de dous anos por un dos países ou grupos de países que designan un membro do Consello de Directores Executivos do Banco ou o FMI. O Comité ten a obrigac de aconsellar e informar aos Consellos de Gobernantes do Banco e do FMI sobre todos os aspectos da transferencia de recursos reais aos países endebedados, e a facer suxerencias para  a súa implementación.

COMITÉ INTERINO DO SMI - O Comité Interino, coñecido tamén como "Comité Interino da Xunta de Gobernadores do Sistema Monetario Internacional", fundouse en 1974 para asesorar á Xunta de Gobernadores do FMI na supervisión da dirección e a adaptación do sistema monetario internacional. os seus membros son Gobernadores do Fondo, Ministros ou outros de rango similar. O Comité reflexa a composición da Xunta Executiva do fondo: cada país membro nomea un e de eles cada grupo elixe un Director Executivo que será membro do Comité. Son 24 membros.

COMPROMISO (Commitment) - É unha obligación firme, expresada en un acuerdo o contrato equivalente con el apoyo de fondos públicos, asumidos por el gobierno donante, una agencia oficial del país reportado o un organismo internacional, con la finalidad de proporcionar un monto específico de asistencia, en virtud de términos y condiciones convenidos para fines concretos, en beneficio del país receptor.

CONDICIÓNS DE TORONTO - Termos que se estableceron no Cumio Económico Mundial de Toronto en 1988. Aplicáronse aos países designados polo Banco Mundial como "IDA-soamente", prestatarios que tiña unha débeda moi forte, baixa renda per cápita e balanza de pagos con problemas. Estes países debían ter fortes programas de axuste estructural apoiados polo FMI. Os principios fundamentais das condicións de Toronto son termos concesionais para as débedas da Asistencia ao Desenvolvemento e a introducción de unhas condicións para o pago da débeda que non fora de Asistencia ao Desenvolvemento. A débeda da AOD é devolta cun vencemento de 25 anos, incluíndo 14 anos de prórroga, sendo os xuros de demora, menores que o tipo inicial. Para as débedas que non sexan de AOD, os acreedores poden elexir entre 3 condicións de pago: (1)un tercio da debeda consolidada será cancelada e o remanente devolto cun vencemento de 14 anos, incluíndo 8 anos de prórroga; os  xuros de demora serán los marcados polo mercado. (2)devolución en 25 anos con 14 anos de prórroga e os intereses de demora serán os marcados polo mercado. (3)Os prazos de devolución serán como no (1), pero os xuros de demora terán unha porcentaxe 3,5 puntos por debaixo do tipo establecido no mercado, ou ben a mitade do establecido no mercado, dependendo de cal sexa a maior reducción. En 1991, o Clube de París acordou engadir ás opcións de concesións para os países con rendas máis baixas, as Condicións de Toronto DEngadidas, que son 2 opcións para reducir a débeda, e a opción non concesional das vellas condicións de Toronto. A opción concesional significa un 50% de perdón en termos de valor actual en pagos por servicios de débeda, baixando a débeda durante o periodo de consolidación. Adicionalmente, acordouse establecer unha consideración dos prazos para unha potencial reducción da débeda. Os acreedores indicaron que tenrían boa vontade ao considerar a reestructuración dos prazos restantes cando a débeda sexa cancelada nunha data non posterior a 3 ou 4 anos.

CONGDE - Coordinadora Española de ONGDs.

CONGOOP - Coordinación de ONG e Cooperativas.

CONTAG (Confederação Nacional dos Trabalhadores na Agricultura) - Confederación Nacional dos Traballadores na Agricultura.

CONTIERRA - Dependencia Presidencial de Asistencia Legal e Resolución de Conflitos sobre a Terra.

CONVENIO DE BASILEA - Acordo multinacional polo que se intenta evitar o transporte  de residuos peligrosos dos países do Norte ao Sur. O anexo de este convenio prohíbeos totalmente. Estados Unidos non firmou o convenio nin o seu anexo.

COOPERACIÓN - O termo cooperación para o desenvolvemento non ten unha definición única que sexa válida para todo o tempo e lugar. Como concepto, experimentou sempre cambios, en función do pensamento, política e valores presentes nas relacións Norte-Sur e os acontecimentos históricos que influíron decisivamente na súa interpretación e expresión práctica. En termos xerais e sinxelos, a cooperación para o desenvolvemento podémola entender como un conxunto de actuacións de carácter internacional orientadas ao intercambio de experiencias e recursos entre países do Norte e do Sur para alcanzar metas comúns basadas en criterios de solidaridade, equidade, eficacia, interés mutuo, sostibilidade e corresponsabilidade. O fin primordial da Cooperación para o Desenvolvemento debe ser a erradicación da pobreza, o desemprego e a exclusión social; buscar a sostibilidade e o aumento permanente dos niveis de desenvolvemento político, social, económico e cultural nos países en desenvolvemento (PED)

COOPERACIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA -Transferencia e intercambio de tecnoloxías aplicadas a servizos básicos de educación, saúde e saneamento. Investigacións compartidas.

COOPERACIÓN DESCENTRALIZADA - É un instrumento de apoio innovativo aos Gobernos e comunidades locais. A través dela establécense relacións directas entre entidades rexionais e órganos de representación local, buscando estimular as súas capacidades de proxectar e levar a cabo iniciativas de desenvolvemento participativo, no marco de novas funcións e responsabilidades que crecentemente se busca traspasarlles.

COOPERACIÓN ECONÓMICA - Está destinada a promover proxectos de transferencia tecnolóxica entre axentes económicos, co requisito de xenerar un "potencial comercial" en etapas superiores de desenvolvemento do proxecto, como unha consecuencia directa ou indirecta destes. No ámbito público, éste é o caso, por exemplo, de proxectos que tenden a facilitar o comercio, como pode ser a asistencia técnica para a unificación de normas aduaneiras, os controis sanitarios, etc e no ámbito privado, asociacións entre produtores para a promoción de novas tecnoloxías ou negocios conxuntos. Este tipo de cooperación estase incorporando de maneira crecente nas relacións económicas entre os Estados, apoiando o rol activo que éstes asumen na promoción comercial e apertura de mercados. Como en este caso os "beneficios mútuos" da cooperación son estrictamente económicos, non sempre resulta doado establecer os límites precisos entre cooperación e negocio.

COOPERACIÓN FINANCIEIRA - É a cooperación ofrecida polas fontes bilaterais e multilaterais mediante a asignación de recursos financieiros co obxeto de apoiar proxectos de desenvolvemento, e divídese en reembolsable e non reembolsable. A cooperación financieira non reembolsable é aquela onde non hai reintegro dos recursos monetarios. A coopereción financieira reembolsable asume a forma de créditos blandos, baixo condicións de interese e tempos máis favorables.

COOPERACIÓN NON GOBERNAMENTAL -  É a cooperación surxida no seo da sociedade civil e xestionada polas ONGs. Esta cooperación convertiuse nos últimos anos nun elemento esencial para completar o panorama internacional na materia.

COOPERACIÓN REXIONAL - Xestiónase en diferentes áreas xeográficas e políticas, como a UE, o MERCOSUR ou Centroamérica, entre outros. Dentro deste tipo de cooperación as modalidades son diversas posto que os proxectos poden afectar a un só país, a un grupo de países ou a toda a rexión. Os recursos nesta modalidade poden ser aportados por unha institución rexional ou ben recibir fondos multilaterais (dalguna organización de carácter mundial como a ONU) que logo son canalizados pola organización rexional.

COOPERACIÓN TÉCNICA (Technical Cooperation) - É a cooperación destinada a apoiar a países en desenvolvemento, mediante a transferencia de técnicas, tecnoloxías, coñecementos, habilidades e experiencias, en determinadas áreas onde un país ou unha fonte teña maior nivel de desenvolvemento. Polo tanto, é a provisión de Recursos co propósito fundamental de aumentar o nivel de coñecementos, habilidades e técnicas produtivas (capital humano) da poboación dos países en desenvolvemento.

COOPERACIÓN TÉCNICA ENTRE PAÍSES EN DESENVOLVEMENTO (CTPD) COOPERACIÓN SUR-SUR OU COOPERACIÓN HORIZONTAL - É un tipo de cooperación técnica, a súa especificidade radica en que se da entre países de similar ou menor nivel de desenvolvemento. Neste tipo de cooperación, un país ofrece asistencia técnica en áreas onde se tiveron experiencias exitosas ou desenvolvemento de tecnoloxías específicas, que ameriten ser implementadas en outros países. As actividades realizadas baixo este tipo de cooperación adoita ser envío de expertos, seminarios, talleres e cursos de corta duración. Para a financiación utilizase a modalidade de custos compartidos, onde o país que envía os expertos asume os custos de viáticos e gastos operativos. Adicionalmente, este tipo de cooperación pode ser financiado mediante a modalidade de triangulación, onde unha terceira fonte bilateral ou multilateral apoia económicamente a realización da cooperación entre dous países en desenvolvemento. É o que se chama triangulación.

COOPERACIÓN TÉCNICA INDEPENDENTE (Free-standing Technical Co-operation) FTC - A facilitación de recursos para a transferencia de coñecementos técnicos e de xestión ou da tecnoloxía para establecer unha capacidade de emprender actividades de desenvolvemento, sen referencia á execución dun proxecto de inversión específico. A cooperación técnica independente inclúe as actividades de preinversión, tales como os estudos de viabilidade, cando a inversión aínda non foi aprobada ou non se conseguiron os fondos.

COOPERACIÓN TÉCNICA RELACIONADA COA INVERSIÓN (Investment -related Technical Co-operation) ITC - Provisión de recursos, como unha actividade separada claramente identificable, directamente encamiñada a reforzar a capacidade de executar proxectos de inversión específicos. Inclúense neste tipo de asistencia as actividades de preinversión directamente relacionadas coa execución dun proxecto de inversión aprobado. Por definición, a cooperación técnica relacionada coa inversión precisa da existencia dun proxecto de inversión paralelo.

COPART - Comisión Paritaria sobre Dereitos Relativos á Terra dos Pobos Indíxenas.

COPMAGUA - Coordinación de Organizacións do Pobo Maia de Guatemala.

COSTE DE OPORTUNIDADE - É o beneficio que se deixa de percibir procedente de un ben ou servicio diferente.

CPT (Comisão Pastoral da Terra) - Comisión Pastoral da Terra.

CRÉDITOS DO FAD - Son un intrumento da política española de cooperación ao desenvolvemento. O FAD é un fondo, sen personalidade xurídica propia, que permite outorgar créditos bilaterais de  tipo concesional, en condicións de axuda a países da periferia, ligados á adquisición polo país beneficiario de bens e servicios españois.

CRÉDITOS FAD -  Os créditos FAD (Fondos de Axuda ao Desenvolvemento) son unha das principais vías pola que os  PVD (Países en Vías de Desenvolvemento) se endebedaron co Estado Español. Consisten básicamente en operacións de promoción pública das exportacións. O outro tipo de mecanismo dentro da AOD son os créditos CESCE.

CTAG-G8 - Grupo para cooperación na loita antiterrorista do G-8.

CTPD - Cooperación Técnica entre Países en Desenvolvemento.

A B C D E F G H I M O P S T U V X