Glosario: B
BAsD - Banco Asiático de Desenvolvemento.
BASIS (Broadening Access and Strengthening Input Market Systems) - Ampliación do Acceso e Fortalecemento dos Sistemas de Mercados de Insumos.
BENEFICIARIOS - Son os que reciben, en última instancia, os resultados do proxecto. Por conseguinte, non debe confundirse cos receptores inmediatos do produto do proxecto como, por exemplo, as persoas que reciben a capacitación.
BERD - Banco Europeo de Reconstrucción e Desenvolvemento.
BID - Banco Internacional de Desenvolvemento.
BIRD - Banco Internacional para a Reconstrucción e o Desenvolvemento. Creado en 1944 en Bretton Woods. O BIRD e a AID coñécense como Banco Mundial. O BIRD entrou en funcionamiento en 1946, co propósito de canalizar os recursos das nacións do Norte cara os países do Sur.Tamén suministra asistencia técnica e consellos sobre políticas.Os seus fondos derívanse das cotas dos seus membros, préstamos nos mercados mundiais de capitais, pago de préstamos e ganancias netas.
BIRF - Banco Internacional de Reconstrución e Fomento.
BIS (Bank for International Settlements) - Banco fundado en Basle, Suiza en 1930 co obxecto de promover a cooperación entre os bancos centrais. Desenvolve 4 funcións: é o "banco dos bancos centrais", aceptando as reservas dos bancos centrais como depósitos e empregándoas para prestar a bancos centrais e para invertir nos mercados a corto prazo; é un foro para a cooperación monetaria entre os bancos centrais e as institucións financieiras internacionais; Actúa como axente, depositario, etc,..., na implementación de acordos financieiros internacionais e desempeña actividades de secretaría para un número de comités de bancos centrais; é un centro para a investigación monetaria e económica. Os bancos centrais, ou as institucións actuando no seu lugar, de 25 países europeos, Australia, Canadá, Xapón, Sudáfrica e os Estados Unidos están representados nas asembleas xerais do BIS.
BM - Grupo Banco Mundial. Creouse en Bretton Woods en 1944. A súa actividade principal é outorgar préstamos a gobernos de países empobrecidos sempre que éstes accedan a implementar os PAE sobre a súa poboación.
BRETTON WOODS - Sistema financieiro internacional que resulta da conferencia dos gobernos aliados en 1944 en Bretton Woods, no estado de New Hampshire. Como consecuencia da conferencia fundáronse o FMI e o BIRD en 1945.
| A | B | C | D | E | F | G | H | I | M | O | P | S | T | U | V | X |






