Glosario: A
AA.EE.- Asuntos Exteriores.
ACDI - Agence canadienne de développement international/ Canadian International Development Agency (Axencia Canadiense de Desenvolvemento Internacional).
ACNUR - Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados.
ACP - Asia, Caribe e Pacífico.
ADENDA (addendum) - Documento legal, suscrito entre a Fonte Cooperante e o Organismo Oficial (o Ministerio de Relacións Exteriores - RR.EE.) como apéndice ao convenio ou Carta de Acordo que permite a modificación e/ou inclusión de cláusulas no mencionado documento previo acordo das partes.
AECI - Axencia Española de Cooperación Internacional.
AID ou IDA - Asociación Internacional de Desenvolvemento. Filial do BIRD. Creada en 1960. Suministra financiación para proxectos e programas de desenvolvemento baixo termos concesionais nos países máis pobres, maioritariamente en aqueles con ingresos per cápita netos de menos de 765$US (1991). Estes fondos obtense principalmente a través de contribucións periódicas. A maior parte dos fondos proceñen dos países máis ricos da AID, pero tamén colaboraron outros países desenvolvidos. Parte dos recursos de esta institución son transferidos dende o BIRD.
AIF - Axencia Internacional de Fomento
ALCA - Área de Libre Comercio das Américas.
AMGI - Axencia Multilateral de Garante de Inversións. É a 4ª filial do Banco Mundial. Foi fundada en 1988 co propósito de asegurar aos inversores extranxeiros contra os riscos non comerciais e proveer aos gobernos dos países pobres dos servicios técnicos e do asesoramento en cómo mellorar as súas inversións nacionais.
AOD - Axuda Oficial ao Desenvolvemento. É o tipo de axuda económica prevista pola administración dos países acreedores, no marco da OCDE, para a xestión da débeda bilateral, é dicir, a contraída directamente entre un país e outro. Esta asistencia financieira, en forma de donacións ou préstamos a baixo interese, é proporcionada por organismos oficiais e públicos a países empobrecidos e institucións multilaterais
APOIO ORZAMENTARIO - Os recursos externos aplicados nesta modalidade inxéctanse directamente ao orzamento nacional, e polo tanto deben estar reflexados na contabilidade nacional. Esta modalidade é un mecanismo de apalancamento aos presupostos propios, é decir é un apoio financeiro ao orzamento público do país receptor para apoiar a xestión global do goberno a través da súa estratexia de redución da pobreza ou outro plan de desenvolvemento. A diferenza dos SWAPs esta modalidade permite ter enfoques intersectoriais que sexan más efectivos para a solución dun problema e ofrece a súa vez máis posibilidades para levar adelante políticas horizontais. Pero, os mecanismos de xestión do goberno receptor son máis esixentes que para o apoio sectorial.
ASEAN - Association of Southeast Asian Nations (Asociación dos países do sudeste asiático).
ASEF - Fundación Asia-Europa.
ASISTENCIA LIGADA (Tied aid credits) - Axuda vinculada á compra de bens e servizos, tanto no país donante como en case a totalidade de países en desenvolvemento. A asistencia ligada está suxeita a certas disciplinas concernentes aos seus niveis de concesión (países aos que poderán dirixirse), e a súa relevancia no desenvolvemento, tales como evitar o uso de fondos sobre os proxectos que serían comercialmente viables co financiamiento do mercado, e para asegurar que os países receptores reciban un bo valor.
ASISTENCIA NON LIGADA (Untied aid) - Asistencia oficial para o desenvolvemento, pola que os bens e servizos asociados serían completa e libremente conseguidos en prácticamente todos os países.
ASISTENCIA OFICIAL PARA O DESENVOLVEMENTO (AOD) (Official Development Assistance) - Son os fluxos destinados cara os países en desenvolvemento e institucións multilaterais que proveñen as axencias oficiais, incluíndo ao Estado e aos gobernos locais. Condicións: é administrado co fin de promover o desenvolvemento económico e o benestar dos países en desenvolvemento; debe ter un carácter de concesión, contando cunha donación de polo menos 25 % (calculado a unha tasa de desconto anual do 10 %).
AVALIACIÓN MONETARIA - Avaliación de todos os costos e beneficios de unha actividade, que se leva a cabo utilizando como unidade de medida o diñeiro.
AXUDA ALIMENTARIA - É o aporte de produtos alimenticios a países en desenvolvemento, potenciar o autoabastecemento e garantir a súa seguridade alimentaria.
AXUDA DE EMERXENCIA OU HUMANITARIA - Ten por finalidade asistir aos afectados polas catástrofes humanas ou naturais mediante o envío de bens e equipos de primeira necesidade.
AXUDA OFICIAL (AO) (Official Aid) - Igual que a AOD, pero destinada para países en transición (como por exemplo, os Países de Europa Central e Oriental coñecidos como PECOS e a Comunidade de Estados Independentes coñecidos como CEI. Este tipo de axuda dase principalmente no marco do Programa de cohesión da Unión Europea.
| A | B | C | D | E | F | G | H | I | M | O | P | S | T | U | V | X |






