Galeg@s no Sur

Galegos no sur
galegos no sur

Galeg@s no Sur é unha iniciativa coa que pretendemos achegar a labor das galegas e galegos que traballan a prol do desenvolvemento en diferentes partes do mundo. Difundindo o seu traballo, facilitando que se poida contactar con eles ou a través dos seus blogs, os cooperantes da nosa comunidade relatan o devir das súas actividades nun terreo cheo de dificultades e nunca suficientemente valorado. 

Na actualidade, xa podedes consultar os blogs das bolseiras do Máster de Cooperación e Xestión de Ongd´s da Universidade de Santiago de Compostela desprazados a Perú, Bolivia e Ecuador e que durante tres meses implicaranse en diversas tarefas relacionados co desenvolvemento. Pero no futuro poderedes coñecer a labor doutras moitos galeg@s no sur. MÁIS INFORMACIÓN Galeg@s no sur