Fortalecemento ONGDs
Formulario 2006
Este
documento contén os formularios para a presentación
dos proxectos de consolidación e fortalecemento por parte das Ongds
neste ano 2006.
Existe unha guía con recomendacións para cubrir os apartados destes formularios.
Está dividido en seis seccións:
Presentación do
proxecto:
onde se recolle información sobre datos do proxecto, da entidade
solicitante, da contraparte local, un resumo do proxecto, mapas de localización
e datos económicos.
Contexto do proxecto:
ofrece información sobre os seguintes apartados: contexto xeral,
sector de actuación, problemática e xustificación,
poboación beneficiaria, impacto de xénero e medioambiental,
outros proxectos de desenvolvemento na zona, capacidade de apoio e
experiencia da contraparte.
O proxecto:
obxectivos, accións e resultados. Obxectivos e resultados do proxecto,
accións e relacións entre problemas, accións e resultados,
son as partes desta sección.
Plan de traballo.
Persoal e funcións, cronograma de actividades e riscos.
Outros aspectos administrativos
e financeiros:
Orzamento detallado, documentación suplementaria, insumos-fontes
de financiamento, achegas en especie, auditorías, partida de imprevistos
e facturas proforma
Presentación
de informes e avaliación
do proxecto:
seguimento e avaliación de previstos, previsión de continuidade
do proxecto e relación de anexos aportados.
(para poder visualizar un documento con formato PDF é necesario o programa Acrobat Reader. Si non o tés instalado, descárgao agora)
Formulario
Fortalecemento 2006






