Registro de cooperantes

Ligazóns de interese > REDES

Acción por la Salud Global

Acción por la Salud Global é unha rede europea de organizacións non gobernamentais que se lanzou ao mesmo tempo en España, Italia, Francia, Alemania, Reino Unido e Bruxelas. As organizacións que compoñen Acción por la Salud Global en España son: Médicos del Mundo, Federación de Planificación Familiar Estatal, Ayuda en Acción e Farmamundi

Concord - Confederación europea de ONGD de axuda e desenvolvemento

Concord está composta por 18 redes internacionais e 24 asociacións nacionais dos estados membros europeos e dos países candidatos que representan máis de 1600 ONG. O obxectivo principal é destacar o impacto das ONG europeas de desenvolvemento en relación ás institucións europeas, combinando maestría e responsabilidade

Eurodad - Rede Europea sobre Débeda e Desenvolvemento

Eurodad é unha rede de 55 ONG europeas de desenvolvemento que traballan no cambio das políticas económicas e para que as poboacións pobres tomen parte nas decisións que afectan as súas vidas.

Eurostep - Rede de ONG europeas

Eurostep: rede de ONG que se centra na cooperación europea ao desenvolvemento cunha identidade secular político progresiva. Confían en ser unha parte activa do movemento social global que se refire á extirpación da inxustiza e da pobreza. 

Rede Cooperación Coruña Solidaria

A Rede Cooperación Coruña Solidaria é un espazo de participación cidadá integrado por 150 entidades da cidade. Son entidades que traballan polo benestar de toda a cidadanía e que adican un esforzo especial ao traballo cos coletivos en desventaxa social.

AERESS- Asociación Española de Recuperadores de Economía Social e Solidaria

AERESS, a Asociación Española de Recuperadores de Economía Social e Solidaria é unha asociación sen ánimo de lucro que funciona dende 1994. Constitúese como a plataforma de entidades que se dedican á redución, reutilización e reciclaxe de residuos cun obxectivo de transformación social e de promoción da inserción sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social.

Oneworld - Rede de ONG do Reino Unido

Oneworld reune as novas e últimas  visións de 1.600 organizacións que promoven o coñecemento dos dereitos humanos e que loitan contra a pobreza por todo o mundo.

Rede Galega Contra a Pobreza -EAPN-Galicia

A Rede Galega contra a Pobreza -EAPN-Galicia- nace en setembro de 2008 coa finalidade de agrupar e aunar os esforzos das entidades autonómicas do terceiro sector implicadas na loita contra a pobreza e a exclusión social a través da defensa dos dereitos e a participación social plena destes colectivos. EAPN-Galicia é membro da Red de Lucha contra la Pobreza y la Exclusión Social en el Estado Español (EAPN-ES) e forma parte da European Anti Poverty Netwok (EAPN), Rede europea contra a pobreza e a exclusión social.

Rede Solidaria de Mozos

A Rede Solidaria de Mozos é unha proposta para mozos entre 12 e 18 anos, de segundo ciclo da ESO, bacharelato e niveis equivalentes dos ciclos de formación, para que dean canle á súa solidariedade desenvolvendo actividades nos seus centros