Registro de cooperantes

Ligazóns de interese > ENTIDADES E PROGRAMAS DE NACIÓNS UNIDAS

ONU - Organización das Nacións Unidas

En 1945, representantes de 50 países reuníronse en San Francisco na Conferencia das Nacións Unidas sobre Organización Internacional, para redactar a Carta das Nacións Unidas. Comezaron a existir oficialmente o 24 de outubro de 1945, despois que a Carta fora ratificada por China, Francia, a Unión Soviética, o Reino Unido, os Estados Unidos e a maioría do resto de mandatarias e mandatarios.

PNUD - Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento

O Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) é a rede mundial das Nacións Unidas en materia de desenvolvemento que promove o cambio e conecta os países cos coñecementos, a experiencia e os recursos necesarios para axudar os pobos a forxar unha vida mellor. A súa principal contribución é o desenvolvemento de capacidades: dar apoio aos países onde se executan programas para desenvolver capacidades nacionais e locais para alcanzar o desenvolvemento humano e os ODM, facendo fincapé nunha xestión eficaz da axuda e en solucións Sur-Sur.

OCHA - Oficina das Nacións Unidas para a Coordinación da Axuda Humanitaria

OCHA é o brazo da secretaría da ONU que é responsable de reunir actores humanitarios para asegurar unha resposta coherente ante as emerxencias. Tamén asegura que haxa un marco dentro do cal cada actor pode contribuír ao esforzo total da resposta.

FNUAP - Fondo das Nacións Unidas para Actividades de Poboación

UNFPA, o Fondo de Poboación de Nacións Unidas, é unha axencia de desenvolvemento internacional que promove o dereito de todas as mulleres, homes e nenos a gozar dunha vida de saúde e igualdade de oportunidades. UNFPA apoia aos países ao utilizar datos de poboación para políticas e programas para reducir a pobreza e para asegurar que todos os embarazos son desexados, todos os nacementos son seguros, todas as persoas novas están libres de VIH e todas as rapazas e mulleres son tratadas con dignidade e respecto.

FNUDC - Fondo das Nacións Unidas para o Desenvolvemento da Capitalización

Contribúe ao logro dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio(ODM) nos países menos adiantados a través dunha variedade de enfoques innovadores tanto en desenvolvemento local coma en microfinanzas.


 

UN-OHRLLS - Oficina do Alto Representante para os Países Menos Adiantados, os Países en Desenvolvemento sen Litoral e os Pequenos Estados Insulares en Desenvolvemento

A Oficina del Alto Representante para os Países Menos Adiantados, os Países en Desenvolvemento sen Litoral e os Pequenos Estados Insulares en Desenvolvemento foi establecida en 2001. Ten como fin mobilizar e impulsar o apoio internacional para a aplicación da Declaración de Bruxelas e o seu programa de acción.

Unicef - Fondo das Nacións Unidas para a Infancia

Unicef créase en 1946 pola Asemblea Xeral co mandato de promover a protección dos dereitos do neno, de axudar a satisfacer as súas necesidades básicas e de aumentar as oportunidades que se lles ofrecen para que acaden plenamente as súas potencialidades. Unicef guíase polo disposto na Convención sobre os Dereitos do Neno e esfórzase por conseguir que eses dereitos se convertan en principios éticos perdurables e normas internacionais de conduta cara aos nenos.

OMS - Organización Mundial da Saúde

A OMS é a autoridade directiva e coordinadora da acción sanitaria no sistema da Nacións Unidas. É a responsable de desempeñar unha función de liderado nos asuntos sanitarios mundiais, configurar a axenda das investigacións en saúde, establecer normas, articular opcións de política baseada na evidencia, prestar apoio técnico aos países e vixiar as tendencias sanitarias mundiais.

ONUSIDA Programa Conxunto das Nacións Unidas sobre o VIH/SIDA

ONUSIDA une os esforzos e os recursos de dez organizacións do sistema da ONU na resposta mundial á sida. Entre eles encóntranse el Alto Comisionado da Nacións unidas para os Refuxiados (ACNUR), o Fondo de Emerxencia da Nacións unidas para a Infancia (UNICEF), o Programa Mundial de Alimentos (PMA), o Programa da Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD), o Fondo de Poboación da Nacións Unidas (UNFPA), a Oficina da Nacións Unidas contra a Droga e o Delito (ONUDD), a Organización Internacional do Traballo (OIT), a Organización da Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO), a Organización Mundial da Saúde (OMS) e o Banco Mundial

ONU Mulleres - Entidade das Nacións Unidas para Igualdade de Xénero e o Empoderamento das Mulleres

ONU Mujeres é a entidade das Nacións Unidas para Igualdade de Xénero e o Empoderamento das Mujeres. As súas principais funcións son: dar apoio ás entidades intergobernamentais na súa formulación de políticas e estándares e normas mundiais, dar asistencia aos estados membros para implementar eses estándares e facer que o sistema da ONU renda contas dos seus compromisos en materia de igualdade de xénero.


1   2   3   >   >>>