Registro de cooperantes

Ligazóns de interese > XÉNERO

APC Programa de Apoyo a las Mujeres en la Red

Unha rede global de mulleres que apoian conexión á rede de mulleres para cambio social e o empoderamento das mulleres, mediante o uso de tecnoloxías de información e comunicación (TIC). Promove igualdade de xénero no deseño, desenvolvemento, implementación, acceso a e uso das TIC e nas decisións de política e marcos que os regulan.

AWID - Asociación para os Dereitos da Muller e o Desenvolvemento

A Asociación para os Dereitos da Muller e o Desenvolvemento é unha organización internacional de membresía, feminista e multixeracional, comprometida con facer realidade os dereitos humanos das mulleres, a igualdade de xénero e o desenvolvemento. A súa misión é fortalecer a nivel internacional a voz, o impacto e a influencia das persoas, organizacións e movementos que defenden os dereitos das mulleres, para que sexa posible lograr avances eficaces neste terreo

Emakunde - Instituto Vasco da Muller

O fin esencial de Emakunde-Instituto Vasco da Muller é a consecución da igualdade real e efectiva de mulleres e homes en todos os ámbitos da vida política, económica, cultural e social da Comunidade Autónoma Vasca.

Mujeres Creando

Organización feminista de Bolivia

Mulleres en Rede

Mujeres en Rede é un xornal feminista onde se recollen novas e artigos de opinión sobre os dereitos das mulleres e os dereitos humanos

Rede de Mulleres no Desenvolvemento Europa (WIDE)

WIDE é unha organización non gobernamental dedicada a fortalecer os dereitos económicos e sociais das mulleres. Para iso realiza un labor de incidencia e información sobre as políticas internacionais levadas a cabo pola Unión Europea e outros organismos multilaterais, sobre todo en torno ás políticas de desenvolvemento e comercio.

Unidade Muller e Desenvolvemento da Comisión Económica para América Latina e o Caribe

É unha división interdisciplinaria, especializada en asuntos de xénero, da CEPAL. Desenvolve investigacións e produce coñecemento co obxecto de promover a equidade de xénero nas políticas públicas, brinda cooperación ao desenvolvemento aos gobernos e outras institucións e organizacións que o solicitan, para apoialos no cumprimento dos seus obxectivos e compromisos, en materia de igualdade entre mulleres e homes.