Registro de cooperantes

Ligazóns de interese > ENTIDADES E ORGANISMOS DE AMÉRICA LATINA

DESCO - Centro de Estudos e Promoción do Desenvolvemento (Perú)

Desco, Centro de Estudos e Promoción do Desenvolvemento, é unha organización non gobernamental de desenvolvemento que se sitúa na sociedade civil peruana, con 45 anos de traballo ao servizo da promoción do desenvolvemento social e do fortalecemento das capacidades dos sectores excluídos do Perú.

FOLADE - Fondo Latinoamericano de Desenvolvemento

O Fondo Latinoamericano de Desenvolvemento foi creado en 1993, por iniciativa da Asociación Latinoamericana de Organizaciones de Promoción. Dende a súa fundación desempeñouse como un consorcio autónomo de ONG --de todos os países de Latinoamérica-- interesadas en impulsar novidosos mecanismos financeiros de desenvolvemento e en alcanzar niveis superiores de autosuficiencia.

América Latina Genera

Este portal é iniciativa do proxecto rexional "América Latina Xenera, xestión do coñecemento para a equidade de xénero" impulsado polo Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento(PNUD). O proxecto busca xerar novas e máis xustas forma de relacións entre mulleres e homes a través da democratización do coñecemento, a comunicación, a participación e a aprendizaxe colectivo.

OMAL - Observatorio de Multinacionais en América Latina

O Observatorio de Multinacionais en América Latina (OMAL) é un proxecto creado en 2003. En OMAL inclúense materiais documentais sobre os efectos da expansión das compañías transnacionais -de orixe externa e propia- que pon a disposición das organizacións sociais, políticas e sindicais, ademais de aos centros institucionais, académicos e de investigación social e económica.

Ospesca - Organización do Sector Pesqueiro e Acuícola do Istmo Centroamericano

Ospesca constituiuse en 1995 polas autoridades da Pesca e a Acuicultura de América Central. O seu obxectivo é promover un desenvolvemento sostible e coordinado da pesca e a acuicultura, no marco do proceso de integración centroamericana, definindo, aprobando e pondo en marcha política, estratexias, programas e proxectos rexionais de pesca e acuicultura

Somos Mercosur

Somos Mercosur é unha iniciativa pública, lanzada pola Presidencia Pro Témpore de Uruguai no Mercosur no ano 2005, que ten como obxectivo involucrar a cidadanía no proceso de integración rexional, xerando novos espazos para que a sociedade civil e os gobernos locais poidan debater, formular demandas e participar dos procesos decisorios.

Mercosur

O Mercado Común do Sur, Mercosur, confórmase en 1991 polos estados de Arxentina, Brasil, Paraguai e Uruguai. Comparten unha comuñón de valores que encontra expresión nas súas sociedades democráticas, pluralistas, defensoras das liberdades fundamentais, dos dereitos humanos, da protección do medio ambiente e do desenvolvemento sustentable, así como o seu compromiso coa consolidación da democracia, a seguridade xurídica, o combate á pobreza e o desenvolvemento económico e social con equidade.

WWSF - Fundación Cumio Mundial da Muller

A WWSF traballa pola posta en práctica dos dereitos da muller e do neno. Ten como principal misión, en primeiro lugar, axudar as mulleres rurais a acceder a un poder maior e a converterse nos axentes principais do desenvolvemento das súas comunidades locais e, en segundo termo, crear unha cultura mundial de prevención dos abusos contra os nenos.

Iepala - Instituto de Estudos Políticos para Ámérica Latina e África

Iepala, creada por un conxunto plural e interdisciplinar de homes e mulleres profesionais de diferentes prácticas e saberes humanos, técnicos, científicos sociais e activistas socio-políticos, é froito de dúas correntes de pensamento e acción: Unha europea, "Economía e Humanismo" (1941ss), que xorde como resistencia e proposta críticas e outra mundial: o movemento intelectual, ético e político que alimentou o terceiromundismo saído de Bandung (1955) como unha alternativa posible e diferente aos sistemas imperantes no primeiro e no segundo mundo.