Registro de cooperantes

Ligazóns de interese > MOVEMENTOS SOCIAIS

A Vía Campesiña

A Vía Campesiña é un movemento internacional que coordina organizacións campesiñas, pequenas e medianas produtoras e produtores, mulleres rurais, comunidades indíxenas, xente sen terra, xoves rurais e traballadoras e traballadores agrícolas migrantes. O obxectivo principal da Vía Campesiña é desenvolver a solidariedade e a unidade dentro da diversidade entre as organizacións, para promover as relacións económicas de igualdade e de xustiza social, a preservación da terra, a soberanía alimentaria, a produción agrícola sostible e unha igualdade baseada na produción a pequena e mediana escala.

ATTAC - Xustiza económica global

ATTAC - Xustiza económica global é un movemento de mulleres e homes preocupados polos asuntos colectivos e empeñados en buscarlles solución. A finalidade de ATTAC é devolverlle o poder á poboación. ATTAC colabora con outros movementos, con redes sociais e con publicacións para conquerir os seus obxectivos.

Menores Soldado

O obxectivo da Coalición Española para acabar coa utilización de nenas e nenos soldados é rematar coa participación de nenas e nenos nos conflitos armados, pór fin ao recrutamento forzoso de menores de 18 anos e asegurar que nos países en situación de conflito o post conflito se levan a cabo bos programas de desmobilización, desarme e rehabilitación para as nenas e nenos soldados.

Consume Ata Morrer

Consume Ata Morrer é unha reflexión sobre a sociedade de consumo na que vivimos, utilizando un dos seus propios instrumentos, a publicidade, para amosar ata que punto se pode morrer consumindo. Consume Ata Morrer utiliza a contrapublicidade como ferramenta para difundir as problemáticas sociais e promover un comportamento máis crítico fronte ao consumo e os medios de comunicación.

Foro Social Mundial

O Foro Social Mundial (FSM) é un espazo de debate democrático de ideas, para afondar na reflexión, formulación de propostas, cambio de experiencias e articulación de movementos sociais, redes, ONG e outras organizacións da sociedade civil que se opón ao neoliberalismo e ao dominio do mundo polo capital e por calquer forma de imperialismo. Despois do primeiro encontro mundial, realizado en 2001, configurouse como un proceso mundial permanente na busca e construción de alternativas políticas.

Marcha Mundial das Mulleres

A Marcha Mundial das Mulleres é un movemento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitan contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres.

Minga Informativa dos Movimentos Sociais

A Minga Informativa de Movementos Sociais é unha iniciativa de comunicación impulsada por diversas redes e coordinacións sociais de América Latina e o Caribe, que se propuxeron unir forzas e buscar respostas conxuntas neste plano, entendendo que a comunicación é estratéxica para a acción social.

MST - Movemento dos Traballadores Rurais sen Terra

O Movemento dos Traballadores Rurais sen Terra (MST) é unha articulación do campesiñado que loita pola terra e pola reforma agraria no Brasil. É un movemento de masas autónomo, sen vinculacións político-partidarias ou relixiosas. O MST organízase por comisión de campesiñas e campesiños que son tamén unha forma de organización ao interior dos asentamentos e campamentos.

Nodo50 - Territorio virtual para os movementos sociais e a acción política en internet

Nodo50 é un proxecto autónomo de contrainformación telemática orientado aos movementos sociais, unha asemblea independente que proporciona servizos informáticos e comunicativos a persoas, grupos e organizacións de esquerda, un servidor de internet no que conflúen voces antagonistas e alternativas dende un amplo espectro político.

Ahige - Asociación de Homes pola Igualdade de Xénero

Ahige quere cambiar o modelo tradicional de masculinidade aprendidos dende pequenos. Os obxectivos básicos que define a asociación son promover unha sociedade na que se conquira unha igualdade real entre homes e mulleres e fomentar o cambio nos homes cara a posicións favorables á igualdade, apoiando ese proceso.


1   2   >   >>>