Registro de cooperantes

Ligazóns de interese > FONDOS DE COOPERACIÓN

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O Fondo de Galego para a Cooperación e Solidariedade é unha organización que involucra o goberno local de 95 concellos galegos e de 3 deputacións co obxectivo de implicar os poderes locais na promoción do desenvolvemento sostible, a promoción de valores democráticos e a loita global en contra da pobreza.

Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade

A Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade é un marco de coordinación e de representación conxunta dos distintos fondos de cooperación e solidariedade existentes no Estado español en todas as temáticas que, pola súa importancia, afectan aos seus intereses comúns.

Fondo Andaluz de Municipios para a Solidariedade Internacional

O Fondo Andaluz de Municipios para a Solidariedade Internacional (FAMSI) é unha rede de gobernos locais e outras entidades nacida no ano 2000 para coordinar o interese e os recursos técnicos e financeiros destinados á cooperación internacional para o desenvolvemento humano local.

Fons Mallorquí de Solidaritat i Cooperació

O Fondo Mallorquino de Solidariedade e Cooperación constituíuse en 1993 co obxectivo de coordinar e canalizar as achegas anuais á cooperación para o desenvolvemento e xestionar os recursos a través de proxectos de cooperación, de forma eficaz para contribuír a un desenvolvemento integral e autosostible das persoas e comunidades do sur.

Fons Menorqui de Cooperació

O Fondo Menorquino de Cooperación é unha asociación sen ánimo de lucro creada o ano 1993 que traballa en cooperación ao desenvolvemento. Reúne os oito concellos da illa, o Consello de Menorca e o Goberno balear, así como quince ONG. Todas estas entidades traballan conxuntamente coa finalidade esencial de contribuír á promoción da xustiza social e económica dos países máis pobres.

Fons Pitiús de Cooperació

O Fondo Pitiuso de Cooperación aglutina os esforzos das institucións públicas pitiusas e das ONG de Ibiza e Formentera para levar a cabo un traballo eficiente en cooperación para o desenvolvemento. O Fondo establece criterios homoxéneos que permiten fomentar modelos de desenvolvemento sostible e elevar a calidade das accións de cooperación.

Fondo Cantabria Coopera

O Fondo Cantabria Coopera é unha fundación pública sen ánimo de lucro que está integrada por concellos, empresas, goberno e outras institucións da Comunidade Autónoma de Cantabria que destinen unha parte do seu orzamento a financiar intervencións de cooperación internacional para o desenvolvemento.

Fondo Castelán-Manchego de Cooperación

O Fondo Castelán-Manchego de Cooperación creouse como instrumento para impulsar actuacións integrais en materia de cooperación internacional e favorecer a máxima participación cidadá. Trata de aglutinar fondos das administracións rexional, provinciais e locais, outras entidades públicas e privadas, empresas e particulares de Castela-A Mancha para financiar proxectos de cooperación internacional para o desenvolvemento, accións humanitarias e de emerxencia e proxectos de educación para o desenvolvemento. 

Fons Català de Cooperació al Desenvolupament

O Fondo Catalán de Cooperación ao Desenvolvemento é unha organización formada por concellos cataláns e outros organizacións municipalistas (deputacións, consellos comarcais e mancomunidades), que destinan unha parte do seu orzamento a financiar accións de cooperación ao desenvolvemento e de solidariedade coas vilas dos países máis desfavorecidos

Fondo Estremeño Local de Cooperación ao Desenvolvemento

O Fondo Estremeño Local de Cooperación ao Desenvolvemento é un instrumento das corporacións locais de Estremadura para impulsar a cooperación internacional ao desenvolvemento desde o ámbito local da Comunidade Autónoma. Ten unha clara vocación municipalista non só pola súa orixe e constitución senón pola formulación e enfoque da súa actuación nos países en vías de desenvolvemento cos que coopera.


1   2   >   >>>