|
|
Algalia S. Coop. GalegaAlgalia S. Coop. Galega nace en xaneiro de 1995, formada por profesionais cunha dilatada traxectoria no asociacionismo e con procedencia do ámbito da xestión e da formación. Conscientes da necesidade de incorporar nas organizacións do sector non lucrativo técnicas de xestión e dinamización que, en coherencia cos valores eu posúe o propio sector, conduzan a un maior cumprimento dos seus obxectivos. O modelo de xestión ten como eixes principais a participación, a innovación e a calidade. |
|
|
CidadaníaCidadanía é unha empresa cooperativa constituída por un equipo multidisciplinar de profesionais do ámbito das ciencias sociais, pioneira en Galicia na integración de investigación, participación social e deseño de plan de acción. O seu principio inspirador é a activación da participación como metodoloxía innovadora de xestión e mellora organizativa, como vía de desenvolvemento sociocomunitario e como finalidade democrática de implicación e corresponsabilización da cidadanía nas decisións colectivas |
|
|
Devalar Consultoría Europea, S.L.Devalar Consultoría Europea, S.L. preséntase como unha proposta empresarial innovadora especializada na xestión integral de proxectos en dous ámbitos: proxectos europeos e proxectos de cooperación internacional. Devalar presta servizos de asistencia técnica e consultaría a entidades públicas e privadas en todas as fases do ciclo dun proxecto |