Registro de cooperantes

Ligazóns de interese > VACACIÓNS NO SUR

Turismo Responsable

Turismo Responsable é unha guía de todas as informacións a nivel mundial que se atopen relacionadas con iniciativas de turismo sustentable, responsable e xusto (actividade turística que busca un equilibrio entre os ámbitos sociais, medioambientais e económicos)

Ecoturismo Latino

Ecoturismo Latino define o turismo responsabel como "unha viaxe que toma en consideración os contextos naturais, socio-culturais, económicos e políticos dun destino na búsca por aumentar os beneficios e minimizar os impactos negativos do turismo"

Turismo xusto en Sudáfrica

O comercio lexítimo de turismo en África do Sur FTTSA fomenta e promove a práctica de negocios responsables dos establecementos de turismo de África do Sur. A marca FTTSA é un símbolo de excelencia na industria do turismo e outórgase a establecementos que ofrecen boas condicións laborais, actividades dinámicas, adquisición e distribución de beneficios; ética comercial e respecto polos dereitos humanos, cultura e medio ambiente.

FUNCAL - Fundación Carlos Laborde

A idea de turismo solidario é un concepto diferente das relacións humanas. Un mundo máis xusto, equitativo, igualitario, baseado no respecto aos dereitos humanos e ao medio ambiente 

Viaxes organizadas por SODEPAZ

SODePAZ vén organizando viaxes de turismo solidario e brigadas de traballo voluntario dende hai 18 anos. Cada ano participan nas viaxes unhas 100 persoas que se desprazan a uns sete destinos diferentes. Os programas de turismo solidario de SODePAZ están ligados en boa parte cos programas de cooperación ao desenvolvemento que realiza, e organiza viaxes en colaboración con organizacións de países como Cuba, Nicaragua, Perú, México, Ecuador, Palestina, Bolivia...

Turismo solidario e sustentable

Este proxecto ten como principal obxectivo o apoio á iniciativa empresarial da muller en África no sector turístico e máis concretamente no sector hoteleiro. Para iso, persegue alcanzar unha serie de criterios, que garantan que a actividade turística maximiza o impacto potencial sobre o desenvolvemento económico e social da rexión. A formación e a capacitación, a asesoría técnica, o acceso ao financiamento e ao mercado, son os catro piares básicos do proxecto.

Viajes responsables

Un portal de viaxes con multitude de posibilidades para viaxar: ecoturismo, sendeirismo, turismo activo, circuítos culturais, turismo solidario, etc. Todo iso a través de operadores e aloxamentos que incorporan unha política de responsabilidade cun dobre obxectivo: que o viaxeiro goce dun servizo de calidade e que a súa viaxe afecte de forma positiva á poboación do destino que se visita.