Registro de cooperantes

Ligazóns de interese > RECURSOS DIDÁCTICOS

CONGDE - Guía de Recursos de Educación para o desenvolvemento

Guía de Recursos de Educación para o Desenvolvemento que quere ser un instrumento útil e práctico para a consulta dos diferentes materiais e experiencias de educación para o desenvolvemento que levan a cabo as ONGD pertencentes á CONGDE

Contos Solidarios

Con esta páxina web Contos Solidarios pretende achegar os contos e o traballo de Bicis pola Paz e Papaventos a todas as persoas que queiran coñecelo 

Centro de Documentación Kandaharia A Cova da Terra

Centro de documentación, información e formación sobre cooperación ao desenvolvemento. Pretende ser unha alternativa de información e formación sobre temas concretos, que non se atopan de forma doada nos centros de divulgación habituais

Ambientech - Educación e Información Ambiental

Ambientech - A aula didáctica é unha ferramenta de soporte para o profesorado que permite traballar as ciencias na aula de informática mediante as TICS co alumando da ESO, bacharelato e ciclos formativos. Nas diferentes áreas temáticas de esta sección atópanse máis de 200 actividades multimedia dinámicas e cun alto nível de interactividade, de acceso libre, con contidos curriculares de bioloxía, química, física e ciencias sociais. 

Entreculturas: materiales educativos

Entreculturas pon a disposición das comunidades educativas materiais didácticos e servizos educativos sobre interculturalidade, igualdade de xénero, cooperación, participación, paz, medio, dereitos humanos e outros temas básicos para formar persoas comprometidas coa xustiza.

Bantaba - Recursos para o desenvolvemento humano, educación global e participación cidadá

Esta web forma parte dun proxecto máis amplo no campo da sensibilización e a educación para o desenvolvemento. A través de diferentes actividades e recursos (portal web, xornadas, cursos, vídeos e guías didácticas) Hegoa pretende ofrecer espazos para a formación, o intercambio de experiencias, o impulso de ferramentas baseadas nas novas tecnoloxías e a aplicación de propostas didácticas novedosas no ámbito da sensibilización cidadá

EduAlter - Rede de recursos en educación para a paz, o desenvolvemento e a interculturalidade

EduAlter - Nesta sección atoparás propostas pedagóxicas que son útis para traballar tanto a nivel de educación formal como non formal. Algunhas propostas están en formato web e outras nos seus formatos orixinais (Word, PDF,...) para podelas imprimir e utilizar directamente. 

Educa na Rede - Recursos de educación para o desenvolvemento en internet

Educa na Rede - Este proxecto permite acceder dunha forma rápida e sinxela a multitude de recursos (informes, artigos, imaxes, recursos didácticos, bibliografías, enlaces) sobre conflitos internacionais, desenvolvemento e cooperación.

Educación en valores

A educación en valores é un dos retos que sen dúbida a nosa sociedade ten por diante. Este é un espazo multilingüe e plural, que ten como obxectivo facilitar e aglutinar ferramentas de traballo, información e orientación para o profesorado

GAPMINDER

GAPMINDER, unha ferramenta para visualizar con gráficos o desenvolvemento mundial


1   2   >   >>>