|
|
A Cova da TerraA Cova da Terra é unha ONG que traballa dende 1995 no eido do comercio xusto, vendendo produtos das cooperativas de países empobrecidos e sensibilizando e formando ás persoas consumidoras da contorna |
|
|
Acción contra a FameAcción contra a Fame é unha organización internacional non gobernamental, privada, apolítica, aconfesional e non lucrativa, creada en 1979 para intervir en todo o mundo |
|
|
Acoes - Asociación Colaboración y EsfuerzoAcoes é unha ONG, sen ánimo de lucro, co único obxectivo de apoiar os máis desfavorecidos de Honduras. O proxecto principal de Acoes son as persoas, defendendo o acceso á educación, como dereito e como ferramenta de transformación social para promover a solidariedade e a xustiza. |
|
|
Acsur Las SegoviasACSUR-Las Segovias remóntase ao ano 1986 cando realiza o seu primeiro proxecto na rexión de Las Segovias en Nicaragua. Entre os seus obxectivos figuran a loita contra a pobreza e por un desenvolvemento humano sustentable, a transformación política dos procesos de globalización cara a modelos máis xustos, equitativos e democráticos, o empoderamento das comunidades e colectivos desfavorecidos, o fortalecemento e apoio a redes e movementos sociales, a preservación do medio e a cultura de paz. |
|
|
ADDIS-GaliciaAsociación sen ánimo de lucro constituída en maio de 2003 por familias adoptantes en Etiopía. A finalidade é traballar polos dereitos dos nenos e nenas e está comprometida especialmente coa infancia en Etiopía. Desenvolve programas de cooperación ao desenvolvemento a través do Goberno etíope tratando de achegarlles unha oportunidade aos máis desfavorecidos. |
|
|
Adeco - Amistad, Desarrollo, CooperaciónAdeco- Amistad, Desarrollo, Cooperación é unha ONG para o desenvolvemento inspirada nun espíritu humanista-cristián. Os seus obxectivos son: loitar contra a pobreza, promover e realizar proxectos de desenvolvemento e informar e sensibilizar á poboación para impulsar actitudes de solidariedade e cambios estruturais |
|
|
Adecop - Federación de Asociacións de Adopción InternacionalAs asociacións Adecop son entidades privadas, permanentes e sen ánimo de lucro. A súa actividade é a protección do neno e a nena mediante dúas accións concretas e diferenciadas: a adopción internacional e a cooperación en programas de protección dos nenos e nenas nos seus países de orixe. |
|
|
ADRA, Axencia Adventista para o Desenvolvemento e Recursos AsistenciaisA orixe de ADRA sitúase na década de 1980, aínda que a acción humanitaria adventista é desde finais da Primeira Guerra Mundial. O obxectivo é pór énfase en programas de desenvolvemento para os países máis pobres, e potenciar a axuda humanitaria e de urxencia onde as necesidades sexan máis perentorias. É unha ONG confesional que estando vinculada á Igrexa Adventista, mantén a súa estrutura e organización administrativa de maneira independente. |
|
|
AexpaAexpa é unha asociación, sen ánimo de lucro, fundada en Ourense en 1995. Naceu promovida polos alumnos e ex alumnos do Centro San Pablo. Dende a súa creación Aexpa leva realizada unha morea de actividades de distinta índole, tales como cursos de formación en materia ambiental, novas tecnoloxías, formación para mulleres en risco de exclusión social, inmigrantes, mulleres emprendedoras... |
|
|
Africa DirectoÁfrica Directo é unha ONG humanitaria de axuda ao desenvolvemento carente de vínculos políticos ou relixiosos. Estimula a creación de proxectos arraigados e autosostibles por medio da capacitación de responsables locais. |