Registro de cooperantes

Ligazóns de interese > PLATAFORMAS

Alianza Española contra a Pobreza

A Alianza Española contra a Pobreza é a resposta de numerosos colectivos ante a persistencia da pobreza e as desigualdades sociais. Fórmana organizacións sociais, sindicatos, movementos e plataformas cidadás que aglutinan a máis dun millar de entidades en todo o territorio español.

Plataforma 0,7 %

A Plataforma 0´7% constituése como asociación sen ánimo de lucro no ano 1994. O seu compromiso é acelerar ao máximo a erradicación da pobreza e a miseria no mundo e a consecución dun desenvolvemento sostible para todos os pobos.

Plataforma 2015 e máis

A Plataforma 2015 e máis está formada por 14 ONG progresistas cunha longa traxectoria de cooperación cos pobos do sur. Constitúense como plataforma para levar a cabo actuacións conxuntas encamiñadas a que cumpran os Obxectivos do 2015 aprobado no Cumio do Milenio de Nacións Unidas. Obxectivos relacionados moi centralmente coa reducción da pobreza no mundo e o desenvolvemento humano sustentable. 

Plataforma de Organizacións de Infancia

Plataforma de Organizacións de Infancia é unha alianza de entidades sen ánimo de lucro, plural, solidaria, democrática e independente dende o punto de vista político e relixioso, constituída en 1997, co fin de xuntar os esforzos de organizacións de ámbito estatal que traballan para a infancia e crear un espazo de coordinación que promova iniciativas en favor dos nenos, nenas e adolescentes en España.