Registro de cooperantes

Ligazóns de interese > CAMPAÑAS

1.000.000.000 persoas con fame

Campaña de presión aos políticos para poñer fin á fame. Para asinar a petición e promover a acción esteas onde esteas.

As persoas primeiro

As organizacións que integran á Coordinadora de ONGD- España impulsan un manifesto para esixir aos líderes políticos e de goberno das administracións públicas que impulsen medidas de loita contra a crise que vaian dirixidas directamente aos responsables e causantes da mesma. Fronte o incumprimento dos compromisos en cooperación ao desenvolvemento, o manifesto pide a rectificación daqueles gobernantes que anunciaron medidas de recorte. Tamén se lles esixe ás autoridades que reiteren o seu compromiso coa loita contra a pobreza, co desenvolvemento humano e cos obxectivos de desenvolvemento do milenio, mantendo os seus compromisos de AOD

Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio

Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio

Pobreza Cero

Pobreza Cero

Quen debe a quen?- Campaña pola abolición da Débeda Externa

Quen debe a quen?- Campaña pola abolición da Débeda Externa

Rematemos coa Pobreza Infantil Agora!

Rematemos coa Pobreza Infantil Agora! é unha campaña que busca a implicación dos líderes políticos europeos para rematar coa pobreza infantil. Na súa opinión, a UE debería tomar medidas para establecer metas claras que reduzan a pobreza infantil: medir anualmente o grao de benestar da infancia europea, mellorar a recompilación e presentación de informes sobre infancia nos estados membros, axudar aos países da UE a mellorar as súas políticas e prácticas de aprendizaxe mutua e intercambio e traballar xuntos en todos os ámbitos en que as políticas poidan influír no benestar infantil. Pedindo a Comisión Europea que adopte a Recomendación sobre a Pobreza e o Benestar Infantil.

Roupa Limpa

Roupa Limpa

Urxe outra Europa

Urxe outra Europa

Campaña Mundial pola Educación

A Campaña Mundial pola Educación é unha coalición internacional formada por ONG, sindicatos do entorno educativo, centros escolares e movementos sociais de moi diverso signo. No Cumio de Dakar do ano 2000, a comunidade internacional comprometeuse, entre outros obxectivos, a resolver dunha maneira definitiva o problema do acceso á educación antes do ano 2015. A Campaña Mundial pola Educación naceu para que este compromiso internacional valioso e necesario non pasara desapercibido. Anualmente, a Campaña leva a cabo en todo o mundo a denominada Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME).

Legado Solidario

Imaxina poder estender a túa solidariedade ás próximas xeracións. Imaxina contribuír a un futuro no que cada vez máis nenos crezan sans sentíndose seguros no seu ámbito, poidan ir á escola e teñan unha oportunidade ao facerse grandes. Un futuro no que sexa máis factible acabar coa pobreza e onde o desenvolvemento sustentable asegure os recursos para todos


1   2   >   >>>