Registro de cooperantes

Ligazóns de interese > COMERCIO XUSTO

Coordinadora Estatal de Comercio Xusto

A Coordinadora Estatal de Comercio Xusto ten a finalidade de potenciar o comercio xusto no Estado Español. Nela están integradas tanto as organizacións que importan os produtos, como as tendas que os venden. Apoiadas polas consumidoras e consumidores, están implicadas activamente en apoiar ás produtoras e produtores, sensibilizar e desenvolver campañas para conquerir cambios nas reglas e prácticas do comercio internacional convencional.

WFTO - Organización Mundial de Comercio Xusto

WFTO - Organización Mundial de Comercio Xusto. A súa misión é mellorar ás produtoras e produtores desherados e pedindo unha maior xustiza no comercio mundial. Os seus membros representan a cadea completa do comercio xusto dende o principio ao fin.

EFTA - Asociación Europea de Comercio Xusto

EFTA (European Fair Trade Association) é unha asociación de once importadores de comercio xusto en nove países europeos (Alemaña, Austria, Bélxica, Francia, Alemaña, Italia, Países Baixos, España, Suíza e o Reino Unido). EFTA estableceuse oficiosamente en 1987 por algúns dos máis antigos e grandes importadores de comercio xusto. Obtivo recoñecemento oficial en 1990. EFTA ten a súa sede nos Países Baixos.

 

FLO - Fairtrade Labelling Organizations International

FLO é a organización paraugas global para o comercio xusto Fairtrade. Posúe o selo de certificación de comercio xusto FAIRTRADE, o selo de garantía ao consumidor que certifica o cumprimento dos criterios de comercio xusto Fairtrade.

Madeira Xusta

O FSC (Forest Stewardship Council ou Consello de Administración Forestal) é unha organización independente, non gobernamental, internacional e sen ánimo de lucro creada en 1993, co obxectivo de promover unha xestión forestal ambientalmente responsable, socialmente beneficiosa e economicamente viable nos bosques de todo o mundo.

Rede Consumo Solidario

Rede Consumo Solidario

A Cova da Terra - Comercio Xusto e Consumo Responsable

A Cova da Terra é moito máis que a tenda de comercio xusto e consumo responsable. É sobre todo un grupo de xente que traballa con ilusion por outros obxectivos. Deseñan e levan adiante compañas de sensibilización en centros educativos, colectivos sociais, na rúa... Apoian ás pequenas e pequenos produtores de comercio xusto con importacións directas, axudan tamén á súa cohesión e afianzamento a través de proxectos ao desenvolvemento. Fomentan o coñecemento, o debate e as accións en economía alternativa, agroecoloxía, consumo responsable, cooperación.... 

Amarante - Comercio xusto

A Galicia este movemento chega con certo atraso mais con forza, como non podía ser doutro xeito, pois as galegas e os galegos teñen un alto sentido da solidariedade, aprendido ao longo de varios séculos de miseria e de emigración imposta. O Comercio Xusto é unha alternativa precisa para o cambio do modelo desigual do comercio a nível internacional, que dicta as súas regras na OMC. Ao falar de Comercio Xusto hai que falar de tres cuestións clave: o movemento de solidariedade e a súa evolución, a economía social e a humanización do comercio, e o consumo responsable como participación directa da sociedade.

Espacio Comercio Xusto

Espacio Comercio Xusto

Axuda en Acción - Tenda Virtual

Axuda en Acción - Tenda Virtual. Poderás atopar produtos de Comercio Xusto (alimentación e artesanía) procedentes de cooperativas de América, Asia e África, así como produtos da organización.


 

1   2   3   >   >>>