Educación
![]() |
AMBIENTECH
- Educación e Información Ambiental AMBIENTECH - A aula didáctica é unha ferramenta de soporte para o profesorado que permite traballar as ciencias na aula de informática mediante as TICS co alumando da ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos. Nas diferentes áreas temáticas de esta sección atópanse máis de 200 actividades multimedia dinámicas e cun alto nível de interactividade, de acceso libre, con contíudos curriculares de bioloxía, química, física e ciencias sociais. |
![]() |
Bantaba
- Recursos para o desenvolvemento humano, educación global
e participación cidadá Bantaba -Esta web forma parte dun proxecto máis amplo no campo da sensibilización e a educación para o desenvolvemento. A través de diferentes actividades e recursos (portal web, xornadas, cursos, vídeos e guías didácticas) Hegoa pretende ofrecer espazos para a formación, o intercambio de experiencias, o impulso de ferramentas baseadas nas novas tecnoloxías e a aplicación de propostas didácticas novedosas no ámeto da sensibilización cidadá |
![]() |
Centro
de Documentación Kandaharia A Cova da Terra Centro de documentación, información e formación sobre cooperacion ao desenvolvemento. Pretende ser unha alternativa de información e formación sobre temas concretos, que non se atopan de forma doada nos centros de divulgación habituais |
![]() |
COMPASS
- Manual sobre Educación nos Dereitos Humanos con xoves COMPASS - Este Manual sobre Educación nos Dereitos Humanos coas persoas xoves proporciona ideas, inspiración e motivación para aventurarse no campo dos programas educativos e actividades que se centran en fomentar a igualdade na dignidade humana. Suxire unha variedade de vías creativas a través das que as persoas xoves e quen traballe con elas podan aprender a afrontar problemas relacionados cos Dereitos Humanos, sempre que aparezan. |
![]() |
CONGDE
- Guía de Recursos de Educación para o desenvolvemento Guía de Recursos de Educación para o desenvolvemento que quere ser un instrumento útil e práctico para a consulta dos diferentes materiais e experiencias de educación para o desenvolvemento que levan a cabo as ONGD pertencentes á CONGDE |
![]() |
Contos
Solidarios Con esta páxina web Contos Solidarios pretende achegar os contos e o traballo de Bicis pola Paz e Papaventos a todas as persoas que queiran coñecelo |
![]() |
Dereitos
humanos, muller e inmigración A Plataforma dos Dereitos Humanos das Mulleres presenta esta guía có obxectivo de abrir unha liña de reflexión sobre o tratamento dos Dereitos Humanos en relación coas realidades da Inmigración e Muller |
![]() |
EduAlter
- Rede de recursos en educación para a paz, o desenvolvemento
e a interculturalidade EduAlter - Nesta sección atoparás propostas pedagóxicas que son utis para traballar tanto a nivel de educación formal como non formal. Algunhas propostas están en formato Web e outras nos seus formatos orixinais(Word, PDF,...) para podelas imprimir e utilizar directamente. |
![]() |
Educa
na Rede - Recursos de educación para o desenvolvemento en
internet Educa na Rede - Este proxecto permite acceder dunha forma rápida e sinxela a multitude de recursos (informes, artigos, imaxes, recursos didácticos, bibliografías, enlaces) sobre conflitos internacionais, desenvolvemento e cooperación. |
![]() |
Educación
en valores A educación en valores é un dos retos que sen dúbida a nosa sociedade ten por diante. Este é un espazo multilingüe e plural, que ten como obxectivo facilitar e aglutinar ferramentas de traballo, información e orientación para o profesorado |
















