Xunta de Galicia
![]() |
![]() |
Lei 3/2003
A Lei 3/2003 do 19 de xuño de Cooperación ao Desenvolvemento, xorde coma un dos primeiros desenvolvementos lexislativos realizados nas Comunidades Autónomas na materia de referencia, establecendo coma propósitos:
-
Apoiar aos países con menor grao de desenvolvemento ou en extrema situación de necesidade e desnutrición.
-
Potenciar os recursos humanos e materiais, con especial atención ás novas tecnoloxías.
-
Contribuír á xustiza e á equidade nas relacións comerciais, políticas e estratéxicas.
-
Atender as situacións de emerxencia.
-
Impulsar e promover a participación social e cidadá, fomentar a educación para o desenvolvemento e a sensibilización da sociedade.
-
Promover a sensibilización das institucións (ata acadar o mínimo ético da asignación do 0,7% dos recursos orzamentarios).
Definindo coma posibles Axentes da Cooperación para o Desenvolvemento:
-
Administración autonómica e entidades locais.
-
ONGD.
-
Universidades.
-
Empresas ou organizacións empresariais.
-
Sindicatos.
-
Comunidades Galegas no exterior.
-
Outros axentes sociais que teñan entre os seus fins os da Cooperación para o Desenvolvemento.
E apoiándose nos seguintes órganos de coordinación e asesoramento:
- Comisión Interterritorial de Cooperación para o Desenvolvemento (CINTERCODE).
- Comisión Interdepartamental de Cooperación para o Desenvolvemento (CINCODE).
- Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (CONGACODE).








