Dereitos humanos

ACNUDH ACNUDH -Oficina en Colombia do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos
ACNUDH -Oficina en Colombia do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos traballa sobre a base dun acordo celebrado entre o goberno colombiano e a ONU o 29 de novembro de 1996. As súas funcións son:: Observar a situación dos dereitos humanos en todo o país. Asesorar ás autoridades e institucións colombianas no desenvolvemento de políticas e programas para a promoción e protección dos dereitos humanos. Prestar asesoramento en materia de dereitos humanos á sociedade civil. Informar sobre o observado á Alta Comisionada 
Amnistía Internacional Amnistía Internacional
Amnistía Internacional traballa en todo o mundo para loitar contra os abusos dos dereitos humanos e para cambiar as leis que en algunhas ocasións tratan de lexitimalos. É un movemento independente de calquer goberno, ideoloxía política ou credo relixioso.
Apdha APDHA - Asociación pro Dereitos Humanos de Andalucía
Asociación pro Dereitos Humanos de Andalucía pretende reivindicar a plena vixencia dos Dereitos Humanos como instrumento de transformación de conciencias e da propia sociedade. Non dubidan en actuar denunciando os seus incumprimentos con todos os instrumentos ao seu alcance. Entre os seus obxectivos tamén está apoiar na medida das súas posibilidades ás vítimas das violacións e sensibilizar sobre os seus principios en toda a sociedade andaluza. Aborda tamén temas de marxinación social, inmigración, chabolismo, racismo e xenofobia, menores cárceres, paz e desarme, educación para a paz e os dereitos humanos, solidariedade internacional, etc...
Armas bajo control Armas baixo control
Armas baixo control
Aprodeh APRODEH - Asociación Pro Dereitos Humanos - Perú
APRODEH é un colectivo de persoas comprometidas coa loita pola plena vixencia dos dereitos humanos no Perú, organizado baixo a forma de asociación civil sen fins de lucro. A súa actividade baséase en concebir os dereitos humanos como valores universais e inalienabeis
B'Tselem B´Tselem - Centro de Información Israelí para os Dereitos Humanos en territorios ocupados - Israel
B´Tselem - Centro de Información Israelí para os Dereitos Humanos en territorios ocupados - Israel
Stop Sida Campaña Stop! SIDA
Axuda en Acción
Dereitos Humanos Centro de Dereitos Humanos Frei Bartolomé de las Casas
O Centro de Dereitos Humanos  Frei Bartolomé das Casas é unha organización civil que ten como obxectivos a promoción e a defesa dos dereitos humanos, dando preferencia ás vítimas que se atopan marxinadas pola súa pobreza
Centro de Estudios Legais e Sociais Centro de Estudios Legais e Sociais - Arxentina
Centro de Estudios Legais e Sociais - Arxentina é unha organización non gobernamental que traballa na promoción e protección dos dereitos humanos e o fortalecemento do sistema democrático e o estado de dereito en Arxentina
Coalición de ONG Por unha Corte Penal Internacional Coalición de ONG Por unha Corte Penal Internacional
Coalición de ONG por unha Corte Penal Internacional(CCP) é unha rede global de máis de 2.000 ONG traballando por unha Corte Penal Internacional(CPI) xusta, efectiva e independente. A CPI é a primeira institución xudicial internacional permanente con capacidade de xulgar ás persoas que cometan xenocidio, crimes de lesa humanidade e crimes de guerra, cando as cortes nacionais non podan o non teñan a vontade de facelo.
Codepu CODEPU - Corporación de Promoción y Defensa de los Derechos del Pueblo - Chile
CODEPU é unha organización non gobernamental de dereitos humanos fundada durante a ditadura militar, en novembro de 1980. Dende hai 20 anos asiste ás vítimas e familiares das vítimas de violacións aos dereitos humanos e loita contra a impunidade 
Cohes CODHES - Consultoría para os Dereitos Humanos e o Desprazamento - Colombia
CODHES - Consultoría para os Dereitos Humanos e o Desprazamento -Colombia promove a consolidación da paz en Colombia e a realización integral dos Dereitos Humanos a través da incidencia para a definición de políticas de Estado que beneficien a toda a poboación, con énfase en persoas e comunidades afectadas polo conflito armado