



A Fundación para el Desarrollo de la Enfermería (FUDEN) ten un proxecto de Capacitación dos profesionais da enfermaría. Esta fundación ten vinte anos de existencia e naceu para contribuír a través da acción enfermeira a mellorar e aumentar o nivel da saúde das poboacións do mundo e en consecuencia o nivel do Desenvolvemento Humano e, ao mesmo tempo, para conseguir que a saúde sexa un dereito fundamental ao alcance de todas as persoas do mundo.
Toda a información precisa para saber máis desta organización pode atoparse na súa páxina web www.fuden.es.
Persoas destinatarias
Profesionais da enfermaría de Atención primaria e especializada dos centros sanitarios públicos de Galicia.
Obxectivos
Actividades
Se queres consultar ou saber algo máis sobre estas actividades podes contactar con fuden_cooperacion@fuden.es

“FotogÁFRICA, vidas ao redor da SIDA II” é un proxecto de sensibilización que están a desenvolver Médicos do mundo, asociación que ten entre os seus fins non só a intervención directa coas poboacións excluídas no seu dereito ao acceso á saúde se non que tamén realiza accións de sensibilización como medio para o cambio social así como para superar as desigualdades e a inxustiza.
Esta exposición ten a súa orixe na plataforma que Médicos do mundo creou en 1999 chamada SIDA en África: un xenocidio silencioso e que despois se transformou na plataforma SIDA e Desenvolvemento.
Persoas destinatarias
Mocidade galega en xeral, tanto estudantes como profesionais en activo ou en paro.
Obxectivos
Actividades
Todas estas actividades desenvolveranse desde setembro de 2008 ata marzo de 2009.
A exposición ten como fíos condutores a SIDA e a saúde; a SIDA e mulleres, a SIDA e estigma, e a SIDA e a pobreza; levarase a cabo en oito cidades da xeografía galega: Noia, Oleiros, Lugo, Vilalba, Caldas de Reis, Baiona, Verín e O Carballiño.
Se queres consultar ou saber algo máis sobre estas actividades podes contactar con galicia@medicosdelmundo.org
“Soberanía Alimentaria” é un proxecto da ONG Veterinarios sen fronteiras, organismo que desde 1993 ven desenvolvendo un amplo labor solidario. Esta ONG adoptou hai catro anos o concepto de “Soberanía alimentaria” como eixe das súas accións. Este concepto consiste nunha estratexia dirixida a garantir que todos os pobos podan producir e consumir alimentos saudables e culturalmente apropiados de forma sustentable. Os proxectos de soberanía alimentaria que esta ONG está a desenvolver no Caribe teñen un enfoque de xénero específico.
Toda a información xeral sobre o traballo que desenvolve esta organización pode consultarse no enderezo electrónico www.veterinariossinfronteras.org.
Persoas destinatarias
Homes e mulleres dedicados a pequena explotación gandeira ou agrícola, así como a mocidade universitaria ou de ciclos formativos superiores relacionados co ámbito da empresa e da produción agrícola.
Obxectivos
Actividades
Se queres consultar ou saber algo máis sobre estas actividades podes contactar con vsf@galiciasolidaria.org

Emaús Fundación Social xorde co obxectivo fundacional de mellorar as condicións de vida de todas as persoas en situación ou risco de pobreza e/ou exclusión social. O proxecto “Soberanía Alimentaria para o Desenvolvemento Humano Sostible” ten a súa orixe no Plan estratéxico da fundación, a través do cal explican á poboación as causas da pobreza a nivel mundial, facendo fincapé nas inxustizas que provoca a orde económica mundial.
A información detallada de todas as actividades e proxectos de Emaús Fundación Social está dispoñible a través do seu enderezo electrónico www.emaus.com.
Persoas destinatarias
Toda a poboación galega en xeral, sobre todo a mocidade galega
Obxectivos
Actividades
Se queres consultar ou saber algo máis sobre estas actividades podes contactar con galicia@emaus.com