Proxecto
ONG
 
Área
Proxecto de Educación para o Desenvolvemento "Voces de Sur"
ASOCIACIÓN
AMARANTE SETEM
Convivencia

A Asociación Amarante Setem para o ecodesenvolvemento presenta o "Proxecto de educación para o desenvolvemento Voces do Sur ". Esta ONG constituída en outubro de 1999 durante os seus 10 anos de vida desenvolveu proxectos en catro ámbitos principais: educación para o desenvolvemento, comercio xusto, consumo responsable e cooperación ao desenvolvemento. Concretamente, en educación para o desenvolvemento desde o 2001 realizou diversos proxectos centrais: "Xanela Aberta ao Sur ", "Centro de Recursos" e posteriormente "Galicia con Vistas ao Sur ".

"Vistas ao Sur" pretende un proceso de especialización e de visibilización da realidade do Sur en ámbitos distintos ao da Xanela e nun traballo en rede que aglutine varias experiencias compartidas desde distintos ámbitos. Busca mecanismos onde tamén as voces do Sur sexan escoitadas e sexan elas de primeira man as protagonistas, e establecer unha verdadeira relación Norte-Sur (e viceversa)

Todas as actividades, así como os obxectivos desta ONG están recollidos na súa páxina web www.amaranteong.org

Persoas destinatarias
  • Público en xeral.
  • Comunidade educativa, dentro da que se inclúe tanto o profesorado como o alumnado de idade comprendida entre os 10 e os 18 anos.
  • Persoas vinculadas á solidariedade, tanto socias de Amarante como de outras organizacións ou institucións.
  • Persoas adultas entre 25 e 45 anos.
Obxectivos
  1. Visibilizar o traballo da cooperación galega coas organizacións do Sur na mellora das condicións de vida e sociocomunitarias.
  2. Fomentar os valores da solidariedade e o coñecemento das causas da pobreza entre a sociedade galega.
Actividades
  • Publicación do libro: Número 0 sobre as realidades do Sur a través das nosas parceiras "3 países, 3 realidades". Abril - decembro 2009.
  • Documental audiovisual sobre a labor da cooperación galega no apoio á proxectos produtivos e do fomento do comercio xusto. O exemplo de Ecuador. Xuño - decembro 2009.
  • Elaboración da exposición fotográfica "O circuíto do comercio xusto. De Ecuador a Galicia". Abril - decembro 2009.
  • Xanela Aberta ao Sur. Marzo 2009 - marzo 2010.
  • Creación de Xanela II de especialización en colaboración con outras institucións. Xuño 2009 - febreiro 2010.
  • Programa integral de educación para o desenvolvemento nos centros de ensino. Febreiro 2009 - febreiro 2010.
  • Centros de documentación de Amarante. Febreiro 2009 - marzo 2010.
  • Coordinacións locais de Amarante. Febreiro 2009 - marzo 2010.
  • Formación da base social e fortalecemento dos grupos locais. Febreiro 2009 - marzo 2010.
  • Creación de redes e colaboracións con outras entidades. Febreiro 2009 - marzo 2010.

Máis información na web www.amaranteong.org ou en amarante@amaranteong.org

10ª Aula Itinerante de Contos Solidarios (2009/2010)
BICIS POLA PAZ
Convivencia
e
Paz

Bicis pola Paz traballa no ámbito da sensibilización desde 1993 no eido da cooperación, fomentando o eco-transporte en diversos proxectos de desenvolvemento a través da doazón de bicicletas a mestres, médicos, promotores de saúde, veterinarios… en máis de vinte países de América Latina, Ásia e África, así como a inmigrantes no estado español.

Bicis pola Paz conta co respaldo e apoio dun grupo de persoas que ten ás súas costas unha ampla traxectoria e experiencia no campo da animación e da sensibilización (educadores sociais, animadores socioculturais, contacontos...), e coa dispoñibilidade doutros recursos técnicos e materiais, pero sobre todo coa oportunidade de compartir experiencias, metodoloxías de traballo e un forte compromiso co medio ambiente e a promoción da xustiza social.

O proxecto Contos e Xogos Solidarios enmárcase en todo tipo de contextos educativos (formais, non formais e informais). Pretende estar presente un ano máis nos centros escolares de Educación Infantil, Primaria, E.S.O. e Bacharelato, bibliotecas, hospitais, centros de discapacitados, centros culturais... tendo este ano ademais a pretensión de seguir espallándose por contextos novos e chegar así tamén a centros da terceira idade, a prisións...

Prestarase especial atención ao medio rural galego, nun intento de achegarnos aos lugares máis esquecidos e discriminados, onde as actividades de animación e sensibilización non soen chegar; pero sen excluír a todos aqueles centros urbanos que o soliciten.

Máis información da asociación na súa páxina web www.contosolidarios.org

Persoas beneficiarias
  • Aproximadamente 5.000 nenas e nenos, mulleres e homes, con idades comprendidas entre 0 e 100 anos, pertencentes a centros escolares de Educación Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato, e a outro tipo de centros educativos (hospitais, centros de discapacitados, centros da terceira idade, bibliotecas...), en especial do medio rural galego.
Obxectivos
  1. Dar a coñecer as situacións de desigualdades económicas e sociais entre os pobos e as persoas da terra, incidindo nas causas e nas posibles solucións.
Actividades
  • Desenvolvemento de 100 sesións de contacontos en centros educativos do medio rural galego.
  • Realización de 50 sesións obradoiros de xogos interculturais.
  • Charlas explicativas sobre o traballo que realizan as ONGD que hai en Galicia ao rematar as sesións de contos e xogos interculturais nos diferentes centros educativos.
  • Presentación do "Paztinete", o patinete da paz no que viaxa o cociñeiro dos contos solidarios Mohamed Quechua.
  • Empregaranse nos contos e nos xogos monicreques e outros materiais elaborados por cooperativas das comunidades máis desfavorecidas e outros produtos de comercio xusto, facendo as correspondentes explicacións e aclaracións sobre o tema través dos contos e dos xogos.
  • Ampliación da páxina web www.contosolidarios.org
Mellora da educación para o desenvolvemento na edu- cación primaria e secundaria, e da formación en coope- ración ao desenvolvemento no ámbito universitario
ASEMBLEA DE
COOPERACIÓN POLA PAZ
Convivencia
e
Paz

Asemblea de Cooperaciónpola Paz é a responsable do proxecto "Mellora da educación para o desenvolvemento na educación primaria e secundaria, e da formación en cooperación ao desenvolvemento no ámbito universitario". Esta ONG foi fundada en 1990, coa finalidade de fomentar a paz, a solidariedade e os dereitos humanos, axudar ao estudo, investigación e promoción da cooperación internacional e fomentar a presenza activa da mocidade mediante programas específicos.

Este proxecto constitúe unha aposta integral pola educación e formación para o desenvolvemento na comunidade galega, que abrangue desde a educación primaria e secundaria ata a educación universitaria.

Persoas destinatarias
  • Dirixido á sociedade en xeral, presta especial atención aos axentes que forman a comunidade educativa distinguindo entre a ensinanza non universitaria (primaria e secundaria) e a universitaria.
Obxectivos
  1. Promover unha maior conciencia solidaria e a educación en valores na educación formal da nosa comunidade.
  2. Mellorar as capacidades e ferramentas para unha educación en valores na ensinanza primaria e secundaria e promover a formación especializada en cooperación ao desenvolvemento no eido universitario.
Actividades
  • Xuntanzas de presentación e seguimento. Setembro 2009 - xuño 2010.
  • Manifesto Escolas Sen Racismo. Setembro - decembro 2009.
  • Test De Tolerancia (TDT). Setembro - decembro 2009.
  • Mira Tl. A exposición - circuíto "Mira ti ". Xaneiro - xuño 2010.
  • Vídeo Forum (TF). Xaneiro - xuño 2010.
  • Teatro Forum (TF) baseado no Teatro do Oprimido. Setembro 2009 - xuño 2010.
  • Difusión dos cursos de cooperación ao desenvolvemento e seguridade alimentaria. Setembro - outubro 2009 e xaneiro - febreiro 2010.
  • Selección dos participantes. Novembro 2009 e marzo 2010.
  • Realización dos cursos de cooperación ao desenvolvemento e seguridade alimentaria na USC. Novembro 2009 e marzo 2010.

No enderezo web www.acpp.com pódese atopar toda a información específica desta ONG e máis información deste proxecto en galicia@acpp.com

Cidadanía Global e Interculturalidade: da reflexión á acción da mocidade e do profesorado da Rede Solidaria da Mocidade
FUNDACIÓN
ENTRECULTURAS FE Y ALEGRÍA
Convivencia
e
Xustiza Social

O proxecto "Cidadanía Global e Interculturalidade: da reflexión á acción da mocidade e do profesorado da Rede Solidaria da Mocidade" que presenta a Fundación Entreculturas (EC) en Galicia quere ser un apoio á comunidade educativa galega no labor de promover unha cidadanía global e unha cultura da solidariedade que permita a transformación das realidades de inxustiza e exclusión a nivel global e local. O problema central a abordar é a escaseza de coñecementos sobre as diversas culturas (incluída a propia) e de habilidades para manter relacións de tipo intercultural e defender a igualdade de oportunidades e dereitos que posúe a mocidade en centros educativos multiculturais en clave de cidadanía global.

Persoas destinatarias
  • Profesorado e alumnado de ESO e Bacharelato entre 12 e 18 anos de 25 centros educativos.
Obxectivos
  1. Fomentar o desenvolvemento dunha cidadanía galega global, activa, comprometida, informada e crítica para a construción dunha sociedade mais xusta, solidaria e participativa.
Actividades
  • Deseñar, planificar e celebrar o V Encontro en Rede. Setembro - outubro 2009.
  • Deseñar, planificar e celebrar o VI Encontro en Rede. Abril - maio 2010.
  • Deseñar, planificar e asistir ao II Encontro Estatal de Redes Solidarias da Mocidade. Setembro 2009 - febreiro 2010.
  • Difundir e promover a participación de mozos/as e educadores/as na plataforma educativa REDEC. Setembro 2009 - xuño 2010.
  • Deseñar, elaborar e realizar 4 obradoiros de formación para educadores/as. Setembro - outubro 2009, marzo 2010 e maio 2010.
  • Deseñar, elaborar e realizar 8 obradoiros de sensibilización para os mozos/as. Setembro - outubro 2009.
  • Deseñar e planificar o plan de traballo e celebrar 4 xuntanzas do grupo de traballo en educación para o desenvolvemento e a cidadanía global Setembro - outubro 2009, marzo 2010 e maio 2010.
  • Difundir as exposicións Angola: escolas que cambian o mundo, Nicaragua: escolas que cambian o mundo, Achégate ao Sur e Rede Solidaria da Mocidade. Setembro 2009 - xuño 2010.
  • Deseñar, planificar e executar as 40 actividades de sensibilización, incidencia e cidadanía global (experiencias de participación e cidadanía global) contidas nas 25 Axendas solidarias. Outubro 2009 - xuño 2010.
  • Coordinar, asesorar, dinamizar e apoiar tecnicamente aos grupos de mozos/as e os educadores/as. Setembro 2009 - xuño 2010.
  • Executar a estratexia de comunicación e difusión pública do proxecto Setembro 2009 - xuño 2010.

O proxecto será difundido a través da elaboración da "Memoria de actividades 2008/2009" da Rede Solidaria da Mocidade, da páxina web do programa de participación xuvenil de "Rede de Solidaria da Mocidade" (red_de_jovenes/galicia) e a través das ferramentas de comunicación da plataforma educativa REDEC (www.redentreculturas.org/) e da páxina web da Fundación Entreculturas (www.entreculturas.org/).

Para saber máis sobre as actividades contacte con acoruna@entreculturas.org