Proxecto
ONG
 
Área
Proxecto de Sensibilización de consumo responsable. EN-CADEADAS ou quen produce o que consumimos?
ASOCIACIÓN
AMARANTE SETEM
AMARANTE PARA O DESENVOLVEMENTO
Consumo Responsable

A asociación Amarante Setem está a desenvolver un proxecto de Sensibilización de consumo responsable EN-CADEADAS, cuxo subtítulo é “Quen produce o que consumimos?”. No mesmo ámbito deste proxecto, Amarante Setem colabora tamén na campaña global Roupa Limpa e a campaña Finanzas Éticas, e ten catro tendas de comercio xusto en Galicia: Santiago de Compostela, Ourense, Pontevedra e Vigo. Os campo de acción da ONG abranguen catro ámbitos:  educación para o desenvolvemento, comercio xusto, consumo responsable e Cooperación ao Desenvolvemento.
Varias son as páxinas web nas que se recollen as accións específicas e as liñas de traballo desta ONG:

Persoas destinatarias
Toda a poboación de Galicia, preferentemente o alumnado e o profesorado dos centros públicos e privados.

Obxectivos

  1. Fomentar o Consumo Responsable e o Comercio Xusto, denunciando as condicións laborais dos/das traballadores/as do Sur.
  2. Incidir nos hábitos de consumo da sociedade galega, procurando unha maior concienciación dos diferentes tipos de consumo responsable que engloban tanto o comercio xusto como o comercio local.
  3. Informar á comunidade educativa sobre as condicións e regras do comercio internacional como un dos factores causais que contribúen a crear e manter as desigualdades Norte-Sur.
  4. Informar sobre as políticas de inversión das grandes multinacionais e fomentar a participación nas campañas de presión política sobre empresas para que cumpran e melloren os seus códigos de Conduta e Responsabilidade Social Corporativa.
  5. Achegar á sociedade galega alternativas de consumo responsable e Comercio Xusto como xeitos de actuación contrapostos ao sistema establecido e como mellora das condicións de vida.

Actividades

  • Programa As marcas que deixan as marcas de divulgación e sensibilización sobre consumo responsable.
  • Plano de difusión e divulgación sobre consumo responsable.
  • IX Semana Galega do Comercio Xusto.
  • Sensibilización sobre a banca ética.
  • Obradoiros de recuperación de roupa usada.
  • Seminario sobre o impacto do cambio climático no Sur.
  • Participación en espazos de debate sobre o consumo responsable.
  • II Xornadas en-cadeadas, que serán celebradas no mes de xaneiro de 2009 en colaboración coa Universidade da Coruña.
  • XOGA LIMPO 2008 http://playfair2008.org
  • Sensibilización sobre a banca ética (vencellada á www.finanzaseticas.org).
  • Cursos de cociña con produtos do Comercio Xusto.

A ONG Amarante Setem ten catro documentos que poden ser consultados desde esta web sobre a sensibilización nos hábitos de consumo da sociedade galega; son catro fichas de distintas actividades, a modo de exemplo do que a súa acción desenvolve.

Se queres consultar ou saber máis sobre estas actividades podes contactar con amarante@amaranteong.org


Portal educativo “Tu turno, Mi turno, Consumo Responsable”
FUNDACIÓN
TALLER DE SOLIDARIDAD
FUNDACIÓN TALLER DE SOLIDARIDAD
Consumo Responsable

“Tu turno, mi turno, consumo responsable” é un proxecto que está a desenvolver a Fundación Taller de Solidaridad, ONG que traballa na acción directa e na sensibilización por medio de proxectos sociais e de cooperación para o desenvolvemento, educación en valores e promoción do voluntariado, co ánimo de contribuír, na medida das súas forzas, á construción dun mundo máis equitativo e solidario.
Toda a información desta ONG atópase na súa web www.tallerdesolidaridad.org.

Persoas destinatarias
As súas accións están destinadas en primeiro lugar ao alumnado de educación secundaria e  tamén de formación profesional de todos os centros educativos de Galicia, xa que o acceso ao portal  de internet é libre.

Obxectivos
O obxectivo primordial deste proxecto é fomentar en Galicia accións de consumo responsable, a través da presentación de distintas formas e posibilidades de consumo responsable e crítico ao alumnado dos centros escolares.

Actividades
A súa actividade céntrase  na elaboración dos contidos, deseño, programación e presentación dunha web temática sobre consumo responsable

Se queres consultar ou saber máis sobre estas actividades podes contactar con coordinacion@tallerdesolidaridad.org


Programa de educativos para primaria e secundaria sobre o comercio xusto e consumo responsable "Consumo para pequenos cidadáns"
ASOCIACIÓN CULTURAL
A COVA DA TERRA
A COVA DA TERRA
Consumo Responsable

“Consumo para pequenos cidadáns” é un proxecto educativo pensado para ser implementado na educación primaria e na educación secundaria obrigatoria sobre comercio xusto que está a desenvolver A Cova da Terra. Esta ONG é unha asociación cultural de Cooperación e Desenvolvemento fundada en Lugo en 1995 para sensibilizar á poboación galega sobre a necesidade de desenvolver un Comercio Xusto no marco dunha economía alternativa.
A Cova da Terra colabora no sostemento do Centro de Recursos Kandaharia, que ofrece unha gran cantidade de materiais educativos e recursos tecnolóxicos para o desenvolvemento do labor educativo.
Atopare información específica da asociación na sua páxina web www.covadaterra.org.

Persoas destinatarias
Profesorado e alumnado de educación primaria e secundaria de Galicia, con especial fincapé nos centros educativos situados na provincia de Lugo e no medio rural.

Obxectivos

  1. Concienciar ao alumnado infantil e xuvenil, e aos seus educadores, sobre a necesidade dun consumo responsable e das alternativas de comercio respectuosas coa dignidade humana e a conservación do medio ambiente.
  2. Por ao dispor do público infantil e ao seu profesorado material educativo sobre comercio xusto e consumo responsable.
  3. Informar e formar ao alumnado e aos profesores de educación secundaria sobre o comercio xusto e consumo responsable.
  4. Poñer ao disposición dos centros educativos e organizacións sociais unha exposición de cartelaría histórica sobre campañas de dereitos humanos, consumo responsable, comercio xusto, e outras temáticas relacionadas coa cooperación para o desenvolvemento.

Actividades

  • Elaboración de materiais didácticos e interactivos.
  • Realización de obradoiros co alumnado de educación primaria, que se desenvolverán ata novembro de 2008.
  • Realización de obradoiros co alumnado de educación secundaria obrigatoria, que se desenvolverán ata a mesma data.
  • Exposición de cartelaría histórica relacionada coa cooperación ao desenvolvemento.

Se queres consultar ou saber máis sobre estas actividades podes contactar con covadaterra@yahoo.es