O PRESIDENTE DA XUNTA COMPROMETE 200.000 EUROS DE AXUDA AOS DAMNIFICADOS POLO CICLÓN NARGIS

  • A axuda será canalizada pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior a través de Cruz Vermella
  • Esta iniciativa compleméntase co envío dun kit sanitario que, a través da Fundación Axencia Humanitaria de Galicia, permitirá asistir a 10.000 persoas durante tres meses
  • O Goberno galego é o único executivo autonómico que aporta medicamentos, que se unirán aos que envíe a Axencia Española de Cooperación Internacional
  • Trátase do ciclón máis importante en Asia dende 1991

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, anunciou esta mañá, tras a reunión do Consello de Goberno da Xunta, a intención do Goberno galego de destinar 200.000 euros para intervir na fase post-emerxencia en Myanmar (antiga Birmania), “ante a gravidade e o alcance da devastación” do paso do Ciclón Nargis. Pérez Touriño puxo de relevo os cuantiosos danos rexistrados na zona ao tempo que amosou o compromiso do Goberno que preside coa poboación damnificada. Esta axuda será xestionada pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior a través de Cruz Vermella, na fase de reconstrución das zonas costeiras máis afectadas pola catástrofe, unha vez solucionados os problemas de acceso ao país.

Ademais desta importante achega económica, a Xunta, a través da Fundación Axencia Humanitaria de Galicia, procederá a enviar un kit de asistencia sanitaria IEHK 2006 para atender á poboación damnificada. O presidente da Fundación e secretario xeral de Relacións Exteriores, Julio César Fernández Mato, deu a orde de liberar ese kit que o Goberno galego tiña en stock ante posibles catástrofes humanitarias. Deste xeito, Galicia será a única autonomía española que aporte medicamentos para tratar de paliar as consecuencias do Nargis, que se unirán aos que envíe a Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI).

O kit IEHK2006 está preparado para atender a 10.000 persoas durante tres meses. Trátase dun botiquín completo, cun peso de 820 quilos distribuídos en 27 paquetes, 10 dos cales son kits básicos e o resto material desbotable, solucións parenterais e equipamento médico. Os medicamentos e produtos incluídos no IEHK 2006 foron seleccionados tendo en conta as necesidades detectadas previamente noutras situacións de emerxencia.

O material preparado pola Axencia Humanitaria de Galicia, xunto co resto do continxente español, está previsto que saia nun avión de axuda de emerxencia que partirá cara Bangkok a última hora de hoxe dende a base aérea de Torrejón de Ardoz (Madrid) a bordo dun avión civil de carga. Dende a capital tailandesa trasladarase a Myanmar.

Catástrofe
Nargis é o ciclón máis devastador en Asia dende 1991 e fontes de Save the Children comparan os seus efectos aos da tsunami de 2004. Con ventos de máis 190 quilómetros por hora e ondas de 3,5 metros, esta fin de semana o ciclón Nargis, en primeiras estimacións, deixou máis de 27.000 persoas mortas (o 40% nenas e nenos) e 41.000 desaparecidas, aínda que as cifras que hoxe se manexan roldan xa as 100.000 vítimas. O número de poboación desprazada pode chegar a un millón e as inundacións favorecen o espallamento de enfermidades coma o dengue, o cólera e a malaria.

Segundo datos da FAO, as zonas máis afectadas abranguen o 65% da produción de arroz, o 80% da acuicultura, o 50% da explotación avícola e o 40% da porcina totais da antiga Birmania, co que se espera escaseza alimentaria en todo o país nos próximos dous anos. Onte pola tarde producíronse os primeiros asaltos aos establecementos de alimentación por parte dos superviventes aguilloados pola fame.

O Goberno de Myanmar declarou zona catastrófica cinco rexións: Yangon, Ayeyarwwady, Bago, Mon e Kayin, cuxa poboación total ascende a 24 millóns de persoas e cuxa extensión é duns 30.000 quilómetros cadrados, entre a costa do Mar de Andaman e do Golfo de Martaban. Destacan polos danos sufridos a antiga capital Rangún, a desembocadura e delta do río Irrawaddy e a costa da baía de Bengala.

Só en Ayeyarwwady hai máis de 3.000 persoas desaparecidas. Nas vilas do delta do río Irrawaddy, o 70% da poboación estímase morta ou desaparecida e o 95% das vivendas foron completamente destruídas. Máis de dous millóns de persoas carecen de acceso á auga potable e 1/6 da rexión afectada (5.000 quilómetros cadrados) permanece baixo auga salgada.

Axuda española
A axuda galega enmárcase nun plan de emerxencia deseñado a nivel estatal pola AECI. De xeito inmediato despois de que se desencadease a traxedia, a AECI convocou un gabinete de crise no que participaron representantes das comunidades autónomas, a Federación Española de Municipios e Provincias, o Ministerio de Sanidade e Consumo e as oenegués. Nesa reunión decidiuse, como medida inicial, contribuír con 500.000 euros ao Programa Mundial de Alimentos para paliar posibles casos de desabastecemento. Así mesmo, a AECI contribuirá con material de acubillo, sanitario, hixiénico e auga e saneamento.

A Axencia Española de Cooperación Internacional mantense permanentemente informada das necesidades sobre o terreo grazas á información facilitada pola embaixada española en Bangkok, a Oficina de Coordinación de Asuntos Humanitarios da ONU, o Programa Mundial de Alimentos e o Departamento de Axuda Humanitaria da Comisión Europea.

A DIRECCIÓN XERAL DE COOPERACIÓN EXTERIOR PROMOVE O COMERCIO XUSTO NUNHA XORNADA TÉCNICA EN FERROL

 A Xornada analizou en profundidade a Diagnose Estratéxica e Participativa do Comercio Xusto en Galicia realizada por Cooperación Galega a finais do 2007

 Os relatores definiron ao Comercio Xusto coma unha ferramenta esencial de desenvolvemento dos pobos do Sur


ler máis

COOPERACIÓN GALEGA SOSTÉN 31 NOVOS PROXECTOS NO ANO 2008

 A Xunta de Galicia adxudica 4,1 millóns de euros a 28 ONGD e Outros Axentes de Cooperación para o desenvolvemento dos pobos de 15 países de África e América Latina
 A dirección xeral de Cooperación Exterior, resolve asemade as convocatorias para proxectos de sensibilización da sociedade civil galega na loita contra a pobreza, así coma de fortalecemento das ONG que traballan no desenvolvemento, con preto de 600.000 €


ler máis

PRIMEIRA XUNTANZA CO COLECTIVO SENEGALÉS NO MARCO DUN PROXECTO PILOTO DE CODESENVOLVEMENTO

  • Desde 2001 a comunidade senegalesa residente en Galicia está a medrar, ao mesmo tempo que Senegal é un país prioritario para o Plan Director 2006-2009 da Cooperación Galega
  •  O  Codesenvolvemento  é  un  xeito  de  vincular  de  forma  positiva      migracións   e   desenvolvemento,   sendo   os   migrantes   vectores     fundamentais  do  proceso  tanto  nas sociedades de orixe coma nas de      acollida

ler máis

AXENDA

A Coruña

1.- 10ª FESTA DO COMERCIO XUSTO
Solidariedade Internacional de Galicia
10/05/2008 - Ferrol (A Coruña)
[ Ver evento ]

2.- 10ª FESTA DO COMERCIO XUSTO
Solidariedade Internacional de Galicia
10/05/2008 - A Coruña (A Coruña)
[ Ver evento ]

3.- 10ª FESTA DO COMERCIO XUSTO
Solidariedade Internacional Galicia
10/05/2008 - Santiago de Compostela (A Coruña)
[ Ver evento ]

4.- DÍA INTERNACIONAL DO COMERCIO XUSTO
Amarante e Verdegaia
10/05/2008 - Santiago de Compostela (A Coruña)
[ Ver evento ]

5.- ESPELLOS. UNHA HISTORIA CASE QUE UNIVERSAL
Club Internacional de Prensa
12/05/2008 - Santiago de Compostela (A Coruña)
[ Ver evento ]

6.- BENAVENTURADOS OS QUE CONSTRÚAN A PAZ
Entreculturas Fe y Alegría
13/05/2008 - A Coruña (A Coruña)
[ Ver evento ]

7.- Documental: A SEMENTE - ETIOPÍA
Implicadas No Desenvolvemento
15/05/2008 - Santiago de Compostela (A Coruña)
[ Ver evento ]

8.- SEMANA CULTURAL AFRICANA
Cruz Vermella
19/05/2008 - A Coruña (A Coruña)
[ Ver evento ]

9.- TSOTSI
Cruz Vermella e Fnac
19/05/2008 - A Coruña (A Coruña)
[ Ver evento ]

10.- "MADAME BROUTTE"
Cruz Vermella e Fnac
21/05/2008 - A Coruña (A Coruña)
[ Ver evento ]

11.- "MOOLAADÉ"
Cruz Vermella e Fnac
21/05/2008 - A Coruña (A Coruña)
[ Ver evento ]

12.- "O XIRO POSTAL"
Cruz Vermella e Fnac
22/05/2008 - A Coruña (A Coruña)
[ Ver evento ]

13.- I MARCHA SOLIDARIA: A LUZ DAS E DOS EMIGRANTES
Equus Zebra
23/05/2008 - A Coruña (A Coruña)
[ Ver evento ]

14.- "BINTA E A GRAN IDEA"
Cruz Vermella e Fnac
23/05/2008 - A Coruña (A Coruña)
[ Ver evento ]

15.- MUNDO MESTURA: PRIMEIRO ENCONTRO DA DIVERSIDADE
Concellería de Benestar Social, Xuventude e Solidariedade
24/05/2008 - Ferrol (A Coruña)
[ Ver evento ]

16.- "KIRIKÚ E AS BESTAS SALVAXES"
Cruz Vermella e Fnac
24/05/2008 - A Coruña (A Coruña)
[ Ver evento ]

17.- PALESTINA: UN ESTADO OU UN APARTHEID
Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade
26/05/2008 - Santiago de Compostela (A Coruña)
[ Ver evento ]

18.- EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA SOBRE ETIOPÍA
Implicadas No Desenvolvemento
26/05/2008 - Santiago de Compostela (A Coruña)
[ Ver evento ]

19.- “OBXECTIVOS DO MILENIO”
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
26/05/2008 - Brión (A Coruña)
[ Ver evento ]

20.- SEN MULLERES, NON É DEMOCRACIA
Acsur Las Segovias
28/05/2008 - A Coruña (A Coruña)
[ Ver evento ]

21.- AUGA EN ETIOPÍA
Implicadas No Desenvolvemento
28/05/2008 - Santiago de Compostela (A Coruña)
[ Ver evento ]

22.- SEMINARIO DE DANZA CONTEMPORÁNEA ETÍOPE
Implicadas No Desenvolvemento
02/06/2008 - Santiago de Compostela (A Coruña)
[ Ver evento ]

23.- O CAMIÑO DA AUGA
Implicadas No Desenvolvemento
07/06/2008 - Santiago de Compostela (A Coruña)
[ Ver evento ]

 

Lugo

1.- SEMANA DO COMERCIO XUSTO EN GALICIA
Fundación Taller de Solidaridad
09/05/2008 - Lugo (Lugo)
[ Ver evento ]

2.- SEMANA DO COMERCIO XUSTO EN GALICIA
Fundación Taller de Solidaridad
10/05/2008 - Lugo (Lugo)
[ Ver evento ]

3.- 10ª FESTA DO COMERCIO XUSTO
Solidariedade Internacional de Galicia
10/05/2008 - Lugo (Lugo)
[ Ver evento ]

4.- 10ª FESTA DO COMERCIO XUSTO
Solidariedade Internacional de Galicia
11/05/2008 - Monforte de Lemos (Lugo)
[ Ver evento ]

5.- IGUALDADE PARA O DESENVOLVEMENTO. SE A MULLER AVANZA, O MUNDO TAMÉN
InteRed
12/05/2008 - Castroverde (Lugo)
[ Ver evento ]

6.- SEMANA DO COMERCIO XUSTO EN GALICIA
Fundación Taller de Solidaridad
13/05/2008 - Monterroso (Lugo)
[ Ver evento ]

7.- ACHÉGATE!
Dirección Xeral de Cooperación Exterior e Sociedade Galega de Desenvolvemento Comarcal
16/05/2008 - Palas de Rei (Lugo)
[ Ver evento ]

8.- EXPOSICIÓN: "ROSTROS DE MULLERES"
Axuda en Acción, Entreculturas e InteRed
26/05/2008 - Chantada (Lugo)
[ Ver evento ]

9.- ACHEGAMENTO AO SOFTWARE LIBRE
A Cova da Terra
28/05/2008 - Lugo (Lugo)
[ Ver evento ]

10.- "QUE É A COOPERACIÓN GALEGA" E "TALLER DE SOLIDARIEDADE, O DESENVOLVEMENTO DENDE A MULLER"
Dirección Xeral de Cooperación Exterior e Sociedade Galega de Desenvolvemento Comarcal
30/05/2008 - Palas de Rei (Lugo)
[ Ver evento ]

 

Ourense

1.- 10ª FESTA DO COMERCIO XUSTO
Solidariedade Internacional de Galicia
10/05/2008 - Ourense (Ourense)
[ Ver evento ]

2.- DÍA INTERNACIONAL DO COMERCIO XUSTO
Amarante e Verdegaia
10/05/2008 - Ourense (Ourense)
[ Ver evento ]

3.- ESPELLOS. UNHA HISTORIA CASE QUE UNIVERSAL
Club Internacional de Prensa
13/05/2008 - Ourense (Ourense)
[ Ver evento ]

4.- PALESTINA: UN ESTADO OU UN APARTHEID
Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade
27/05/2008 - Ourense (Ourense)
[ Ver evento ]

5.- EXPOSICIÓN: ÁFRICA COTIÁ
Cruz Vermella
28/05/2008 - Monterrei (Ourense)
[ Ver evento ]

Pontevedra

1.- 10ª FESTA DO COMERCIO XUSTO
Solidariedade Internacional Galicia
10/05/2008 - Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
[ Ver evento ]

2.- 10ª FESTA DO COMERCIO XUSTO
Solidariedade Internacional de Galicia
10/05/2008 - Vigo (Pontevedra)
[ Ver evento ]

3.- 10ª FESTA DO COMERCIO XUSTO
Solidariedade Internacional de Galicia
10/05/2008 - Pontevedra (Pontevedra)
[ Ver evento ]

4.- DÍA INTERNACIONAL DO COMERCIO XUSTO
Amarante e Verdegaia
10/05/2008 - Pontevedra (Pontevedra)
[ Ver evento ]

5.- DÍA INTERNACIONAL DO COMERCIO XUSTO
Amarante e Verdegaia
10/05/2008 - Vigo (Pontevedra)
[ Ver evento ]

6.- MECANISMOS DE EXPLOTACIÓN NORTE-SUR: TRATADOS DE LIBRE COMERCIO EN CENTROAMÉRICA
Implicadas No Desenvolvemento
15/05/2008 - Vigo (Pontevedra)
[ Ver evento ]

7.- SITUACIÓN DAS MULLERES NOS PAÍSES EN GUERRA
Marcha Mundial das Mulleres
23/05/2008 - Vigo (Pontevedra)
[ Ver evento ]

8.- XORNADAS LIBRES DE TRANSXÉNICOS
Amigos da Terra
27/05/2008 - Pontevedra (Pontevedra)
[ Ver evento ]

 


 
http://www.cooperaciongalega.org