Neste apartado pódense atopar os eventos relacionados coa Cooperación ao Desenvolvemento programados tanto dentro da xeografía galega coma fora dela. Co novo buscador introducimos asemade a opción de procura temática. Para difundir calquera actuación no eido da sensibilización, formación e/ou comunicación, pódese enviar un correo electrónico o enderezo: cooperacion.exterior@xunta.es
| Volver |

A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) realiza unha exposición en Bueu durante o mes de marzo.
Poderase contemplar a mostra ‘Vacacións en Paz’, do fotógrafo Pelu Vidal, con textos de Natalia Puga e Lara Varela. A exposición amosa as vivencias de dous dos pequenos saharauís participantes nese programa estival a través dunha serie de imaxes tomadas coas familias de acollida en Sanxenxo e nos seus fogares do deserto.
Lugar: Sala Amalia Domínguez Búa do Centro Social do Mar.