Neste apartado pódense atopar os eventos relacionados coa Cooperación ao Desenvolvemento programados tanto dentro da xeografía galega coma fora dela. Co novo buscador introducimos asemade a opción de procura temática. Para difundir calquera actuación no eido da sensibilización, formación e/ou comunicación, pódese enviar un correo electrónico o enderezo: cooperacion.exterior@xunta.es
| Volver |

A crise alimentaria que estalou en 2008 perdura hoxe con máis de mil millóns de persoas no mundo que pasan fame. Unha situación que se ve agravada pola crise climática que golpea con forza os países do Sur. As alternativas que se formulan ante esta situación de crise múltiple, as propostas dende a ecoloxía política, a agroecología como unha alternativa viable ao modelo agroindustrial e os retos dende o ámbito do consumo crítico son as preguntas formuladas nas xornadas.
Datas: 12 e 13 de febreiro
Lugar: Centro Cívico Convent de Sant Agustí
Organiza: Xarxa de Consum Solidari e Espazo por un Comercio Xusto